EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

Versión para imprimir

Por segundo ano estanse a desenvolver no noso centro os Programas de Prevención e Educación para a Saúde levados a cabo por unha monitora de Érguete Baixo Miño.

Destinado ó alumnado de 4º a 6º de primaria, “INTERVENCIÓN SOCIOEDUCATIVA NA AULA”, se desenvolven en cinco sesións dunha hora de duración á semana.

Persegue os seguintes obxectivos:

– Mellorar as competencias e habilidades persoais e sociais.

– Favorecer unha mellor comunicación entre iguais.

– Potenciar unha elección de valores, actitudes e comportamentos saudables.

– Incrementar a autoestima e o sentido crítico.

Powered by Drupal - Design by artinet