Plan Proxecta            

Formación

Aprendizaxe Cooperativa

No curso 2015-2016 o CEIP A RÚA iniciou un plan de formación en centros sobre aprendizaxe cooperativa cunha duración de tres cursos. Polo tanto continuamos durante os cursos 2016-2017 e 2017-2018.

O obxectivo deste plan de formación é que o profesorado do centro integre na súa metodoloxía de aula o traballo cooperativo co alumnado.

Podemos seguir a evolución deste proxecto no Site creado a tal efecto en

https://sites.google.com/site/aprendizaxecooperativaceiparua/

 

 

Competencia emocional

O tema núcleo do CEIP A Rúa para o curso 2016-2017 versará sobre o desenvolvemento da competencia emocional.

Seguiremos a evolución do proxecto no site elaborado a tal efecto:  Competencia emocional: tema núcleo 2016-2017

Neste site recolleremos un banco de recursos clasificados por cursos así como as experiencias levadas a cabo no centro.

Aprendizaxe Cooperativa na aula (Programa CA/AC)

Presentamos un recurso básico de axuda aos docentes que utilizan ou simplemente senten curiosidade pola metodoloxía de aprendizaxe cooperativa na aula.

Son moitos os beneficios atribuídos a esta metodoloxía, que utilizada dun xeito sistemático contribúe sen dúbida a mellorar a cohesión grupal e o clima de aula e permite ao alumnado aprender a traballar en equipo, un dos piares das competencias clave.

O PROGRAMA CA/AC (“Cooperar para Aprender / Aprender a Cooperar”) PARA ENSINAR A APRENDER EN EQUIPO, (Implementación da aprendizaxe cooperativa na aula), é un manual de 156 páxinas, en pdf, coordinado por Pere Pujolàs e José Ramón Lago, e coa participación de Mila Naranjo, Olga Pedragosa, Gemma Riera, Jesús Soldevila, Glòria Olmos, Alba Torner e Carles Rodrigo. Editado pola Universidade de Vic

Ver noutro enlace

MÁIS DOCUMENTACIÓN:

Presentación co resumo do libro referido arriba, en Scribd

Presentación da Ponencia de Pere Pujols nas VI Xornadas de Cooperación Educativa con Iberoamérica sobre educación especial e inclusión educativa. (2009)

Presentación multimedia co resumo da parte 2 do libro.

FORMACIÓN

COMBAS 2014-2015

 

No curso académico 2014-2015 participamos nun proxecto de formación en centros sobre o tema das competencias clave.

A seguir figuran enlaces con información de interese:

1. Acceso na aula virtual do cfr de vigo http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/index.php  buscar no curso 2014-2015 - apartado formación en centros - subapartado competencias clave ano 2 http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrvigo/aulavirtual/course/view.php?id=394

2. https://www.youtube.com/watch?v=SK1ctqvVFBY#t=62   video sobre como traballar por proxectos e traballar as competencias

3. http://www.tareasccbb.es/ páxina sobre experiencias e programación por competencias con vídeos de casos reais.

4. http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/files/udi_prehistori... UDI co título "A nosa prehistoria"  para 6º de primaria, elaborada no CEIP Pedro Antonio Cerviño.

5. ESTE ENLACE É DUN BLOG  que conten información e exemplos de programación en base a LOMCE.  http://blogs.elcorreogallego.es/gigasdetiza/category/lomce/

6. Como elaborar tarefas para a adquisición das competencias básicas, pdf, 17p., CEP La Laguna, Murcia.

 

AVALIACIÓN

Marco Xeral da Avaliación no terceiro curso de Educación Primaria, documento do Ministerio.

 

 

LEXISLACIÓN

 

Orde ECD/65/2015, do 21 de xaneiro, pola que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de avaliación.

Distribuir contido

Eventos

« Agosto 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Browse for audio by