Plan Proxecta            

Orientación

Escola de familia no curso 2016-2017


Animamos a todos os pais e nais do alumnado do CEIP A Rúa a participar na Escola de familia organizada polo Centro Municipal de Benestar Social do Ilmo. Concello de Cangas e na que colaboran a ANPA do noso colexio e o Departamento de Orientación.
O vindeiro martes, día 11 de outubro, ás 16:30, no CEIP A Rúa, terá lugar a presentación do programa anual, á que estades todos e todas convidados, e na que se falará dos temas a tratar durante o curso, dos horarios que preferides, e de calquera dúbida que poidades ter ao respecto.
 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

Convocatoria bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2016-2017

Son unha bolsas que concede o goberno central: Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD).

- Prazo presentación: 8 de agosto ao 29 de setembro de 2016.

- É obrigatorio cubrir o formulario vía on-line. Hai que acceder á páxina web do MECD, darse de alta como usuario da aplicación, cubrir o formulario, imprimilo e presentalo no centro escolar. NON HAI OPCIÓN DE ENCHER OS DATOS NUN FORMULARIO EN PAPEL.

Na páxina www.educacion.es ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos.

Para calquera dúbida, ou en caso de necesitar axuda, chamar ao teléfono 986 80 59 55

Listado de beneficiarios das bolsas de axudas a alumnado con necesidade específica de apoio educativo, curso 2015-2016

Publicouse no BOE a resolución pola que se ordena a publicación na páxina web do  Ministerio dos listados definitivos de beneficiarios da convocatoria de axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo do actual curso 2015/16. Pódese acceder no seguinte enlace:

 

http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html#dr

 

Por conseguinte, o prazo para a presentación de recurso de reposición por parte dos alumnos comeza o día 21 de abril e finaliza o 20 de maio de 2016.

Convocatoria bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo 2015-2016

Son unha bolsas que concede o goberno central: Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD).

- Prazo presentación: 2 de agosto ao 30 de setembro de 2015.

- A partir deste ano é obrigatorio cubrir o formulario vía on-line. Hai que acceder á páxina web do MECD, darse de alta como usuario da aplicación, cubrir o formulario, imprimilo e presentalo no centro escolar. NON HAI OPCIÓN DE ENCHER OS DATOS NUN FORMULARIO EN PAPEL.

Na páxina www.educacion.es ademais de ter toda a información relativa á convocatoria pódense encher os datos das solicitudes e imprimilas para despois entregalas no centro educativo onde estean matriculados os alumnos.

Para calquera dúbida, ou en caso de necesitar axuda, chamar ao teléfono 986 80 59 55

Aprendizaxe Cooperativa na aula (Programa CA/AC)

Presentamos un recurso básico de axuda aos docentes que utilizan ou simplemente senten curiosidade pola metodoloxía de aprendizaxe cooperativa na aula.

Son moitos os beneficios atribuídos a esta metodoloxía, que utilizada dun xeito sistemático contribúe sen dúbida a mellorar a cohesión grupal e o clima de aula e permite ao alumnado aprender a traballar en equipo, un dos piares das competencias clave.

O PROGRAMA CA/AC (“Cooperar para Aprender / Aprender a Cooperar”) PARA ENSINAR A APRENDER EN EQUIPO, (Implementación da aprendizaxe cooperativa na aula), é un manual de 156 páxinas, en pdf, coordinado por Pere Pujolàs e José Ramón Lago, e coa participación de Mila Naranjo, Olga Pedragosa, Gemma Riera, Jesús Soldevila, Glòria Olmos, Alba Torner e Carles Rodrigo. Editado pola Universidade de Vic

Ver noutro enlace

MÁIS DOCUMENTACIÓN:

Presentación co resumo do libro referido arriba, en Scribd

Presentación da Ponencia de Pere Pujols nas VI Xornadas de Cooperación Educativa con Iberoamérica sobre educación especial e inclusión educativa. (2009)

Presentación multimedia co resumo da parte 2 do libro.

Programa de transición á ESO: Visita ao IES de Rodeira para familias do alumnado

Estimados pais e nais:

Informámoslles que o vindeiro martes, día 17 de marzo, ás 17:30 horas, terá lugar unha charla informativa no IES de Rodeira, dirixida ás familias do alumnado que o próximo curso iniciará os estudos de ESO (Educación Secundaria Obrigatoria), sobre a organización da actividade educativa no centro e incluirá unha visita guiada polas dependencias do IES. 

Programa de transición á ESO: Charlas para familias do alumnado de 6º curso de primaria

Estimados pais e nais:

Informámoslles que o vindeiro martes, día 10 de marzo, ás 16:30 horas, terá lugar unha charla informativa no noso colexio CEIP A RÚA a cargo da orientadora e a xefa de estudos do IES DE RODEIRA para informalles de todos aqueles aspectos do seu interese en relación co paso dos seus fillos aos estudos de ESO.

Ao remate desta charla informarémoslles tamén sobre o Proxecto “Pensa, crea... Acción!”, que estamos a desenvolver neste curso xunto co CEIP de Magán, de Toledo, e a escola de Bordils, en Girona.

Escolas de familia (Horarios)

PROGRAMA DE PREVENCIÓN FAMILIAR "MAIS QUE UN TEITO"

GRUPOS DE TRABALLO PARA PAIS NAIS E EDUCADORES/AS

CURSO 2014-2015

As escolas de familias que organiza o concello de Cangas en colaboración cos centros educativos son un marco de reflexión e debate sobre o papel de ser pai ou nai e teñen como obxectivo conseguir uns educadores/as que aceptan e alenten a progresiva autonomía dos fillos e fillas, que teñan seguridade e confianza na súa labor educativa e que consigan mellorar as súas relacións familiares e sociais.

 En xeral trátanse aspectos relacionados coa educación dos fillos e fillas, a educación para a saúde e a educación emocional, dándolle moita importancia á comunicación e as habilidades sociais. As achegas das persoas asistentes son de grande interese á hora de presentar tanto temas como conclusións.

 As datas e horarios definitivos dos grupos de traballo son:

 . Colexio Eduardo Pondal: Luns ás 15.30. Próxima reunión, 27 de outubro.

 . CEIP Cangas (Nazaret): Luns ás 17.00. Próxima reunión, 17 de novembro.

 . CEIP Espiñeira, Aldán: Martes ás 16.30. Próxima reunión, 4 de novembro.

 . CEIP Castrillón: Martes ás 16.00. Próxima reunión, E. Infantil, 28 de outubro.

 . IES Rodeira, Mª Soliño e Montecarrasco: Martes ás 18.45, na sala de usos múltiples do IES Rodeira. Próxima reunión, 4 de novembro.

 . CEIP San Roque: Mércores ás 17.00. Próxima reunión, 29 de outubro.

 . E.I. Choupana: Mércores ás 17.00. Próxima reunión, 5 de novembro.

 . CEIP O Hío: Xoves ás 17.00. Próxima reunión, 6 de novembro.

 Os grupos reúnense quincenalmente. Se hai un número elevado de pais e nais que o demanden, cóntase cuns coidadores que se encargan de facer actividades cos fillos e fillas das persoas asistentes ás reunións.

Distribuir contido

Eventos

« Agosto 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Browse for audio by