Plan Proxecta            

Dinamización Lingüística

Galego a Lambetadas (Blog ENDL)

Galego a Lambetadas (Blog ENDL)

Recursos para o entroido (web da CGENDL)

A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos centros escolares e nas casas: http://coordinadoraendl.org/entroido/index.php.

entroido

Neste sitio web reúnense recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc.

"Brinca vai" (Versións do CEIP A RÚA)

Neste vídeo os nenos e nenas do CEIP A RÚA interpretan algunhas das cancións do libro CD "BRINCA VAI" de Paco Nogueiras, que actuou no noso centro con motivo da celebración do día das LETRAS GALEGAS. Esperamos que vos gusten!!

Entroido 2015: programa e coplas

Presentámosvos o programa do desfile de entroido ao que todos e todas estades convidados, e tamén as coplas para que poidades participar.

 

Revista "Ollos de Aula" nº 18 (Decembro 2014)

Chega o número 18 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado:

Nesta derradeira entrega do ano, Belén Escariz Ferrín, mestra de Infantil no CEIP Quintela de Moaña, analiza o primeiro ano de escolarización dos pequenos/as, entanto que Mª Sonia Fernández Casal, profesora no IES Fontexería de Muros, reflexiona nun artigo sobre diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande influencia na reprodución do sexismo, e a psicopedagoga Lines Salgado dá a coñecer outra das numerosas siglas que empregamos no ensino, o RRI. Gracia Santórum achega coma sempre propostas de lectura e ocio que hai ter moi en conta.

Ollos de Aula. Nº 18. Versión para imprimir en A4 a dobre cara by cendl

Recursos e materiais para o Nadal (CGENDL)

A CGENDL pon unha vez máis á disposición de todas e todos vós un monográfico dedicado á temática do Nadal: http://coordinadoraendl.org/nadal/index.php. Esta páxina especial contén unha escolma de recursos e materiais elaborados por docentes, equipos de normalización lingüística, centros escolares, institucións e asociacións, tales como unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, propostas de agasallos en galego, etc. Coma sempre, agardamos que este contedor de recursos vos sexa de proveito nas aulas e pedímosvos a vosa colaboración para achegar novos recursos que compartir coa comunidade educativa, recursos que seguiremos subindo nestes días vindeiros.

Captura de pantalla de 2014-12-01 09:56:01.png

Presumo de Galego (CGENDL)

A CGENDL está organizando unha campaña que trata de poñer en valor ante a sociedade o coñecemento e uso que fan da lingua no día a día os e as galegofalantes máis novos.

Queremos escapar de estereotipos porque queremos fomentar a autoestima dos galegofalantes contemporáneos (rurais, urbanos, periurbanos…) que pronuncian sete vogais, e calquera outro fonema propio do galego, que teñen acento autóctono e que, con menos de 18 anos, son quen de expresar na súa lingua o que pensan sobre calquera tema. Se estes senten orgullo da súa lingua non mudarán tan doadamente para o castelán fóra do seu contexto habitual e diante de persoas que empregan este idioma. Isto é, buscamos que os falantes de galego en xeral, pero sobre todo o alumnado galegofalante en particular, sinta orgullo da súa fala.
 
Trátase de realizar gravacións de galegofalantes como primeira medida de poñelos en valor. Recollendo, en menos de 1 minuto, as súas voces, poderán escoitarse no noso web como os mellores galegofalantes do mundo. A eles poderán acceder tamén xentes de contextos castelanfalantes, para que o alumnado que reside neles comproben que existe xente da súa idade que fala en galego habitualmente dos mesmos temas que poderían falar eles/as.
 
De aí que ideásemos a primeira acción Presumo de galego que consiste en realizar gravacións de menos de 1 minuto seguindo as instrucións que están en http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/
 
Animádevos a participar!
 
Captura de pantalla de 2014-11-26 11:22:25.png
 

A lenda do espantallo (versión inventada)

Presentámosvos unha versión da curtametraxe "La leyenda del espantapájaros", narrada polo alumnado de 5º curso de primaria. O audio foi elaborado polo alumnado sen coñecer previamente o texto orixinal. Todas as decisións foron consensuadas na aula a partir das diferentes propostas. Sorprende a grande cantidade de coincidencias entre a versión orixinal e esta, pero son pura casualidade. O traballo máis difícil foi facer cadrar as imaxes co ritmo do audio. Esperamos que vos guste!

Revista "Ollos de Aula" nº 17 (novembro 2014)

Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado, publica un novo número, o 17, que agardamos que sexa do voso interese.

Nesta nova entrega analiza as consecuencias negativas que para o galego ten o Decreto do Plurilingüismo 4 anos despois da súa aprobación. Ademais, a orientadora Mª Dolores González Piñeiro fálanos de "educar nas emocións" e a psicopedagoga Lines Salgado subliña a importancia da "Hora de Ler". Así mesmo, Gracia Santorum animános, coma sempre, a ler e a escoitar, e desta volta tamén a percorrer e sentir a ameazada Fraga de Catasós de Lalín.

Ollos de aula. Nº 17. Versión para imprimir en a4 a dobre cara

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Browse for audio by