Plan Proxecta            

Axudas Comedor Escolar 2014-2015

O concello de Cangas acaba de abrir o prazo de solicitude de axudas do servizo de comedor escolar para alumnado de educación Infantil e Primaria para o curso 2014-2015. A bonificación pode chegar ao 100% dependendo dos ingresos.

As familias interesadas poderán consultar as bases no propio concello, no Centro Municipal de Benestar Social e na web do concello. As solicitudes pódense recoller no Centro Municipal de Benestar Social e entregaranse no Rexistro Xeral do Concello durante o mes de xullo(do 1 ao 31, ambos inclusive).

Poderán recoller no colexio o certificado de matriculación ata o 11 de xullo.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014-2015

Aquí están os listados dos libros de texto e os materiais necesarios para 2º, 4º e 6º, para o curso 2014-2015.

 Libros de texto para o curso 2014-2015

 Material escolar para o curso 2014-2015

A publicación dos libros e o material que se utilizará en 1º, 3º e 5º de Primaria queda pendente da aprobación do Decreto que desenvolve a LOMCE en Galicia

Documental "Massó no recordo"

Onte, xoves 12 de xuño, puidemos ver no Auditorio de Cangas a estrea do documental "Massó no recordo", elaborado polo alumnado do 6º curso de primaria do CEIP A Rúa, co acompañamento dos seus profesores e do director de cine Ángel Santos, dentro do proxecto Cine en Curso.

A presentación foi un éxito completo, dirixida polos anfitrións Ían, Candela e Néstor e co auditorio repleto de público, comezando polos pais e nais dos nenos e tamén con moitos avós e avoas que querían refrescar a súa memoria.

Moitas grazas a todos os que fixeron posible este documental, moi especialmente a todas as mulleres e homes que no seu día traballaron nesta fábrica emblemática de Cangas e que hoxe, convertidos en avós dos alumnos, se ofreceron a lembrar a súa historia.
 
Vemos a seguir unha presentación-resumo das fases de elaboración do documental (documentación, rodaxe, montaxe):
 

 E por fin o documental "Massó no recordo", de case 20 minutos de duración. Esperamos que sexa do voso agrado. (Pinchar na imaxe para visualizalo).

 Massó no recordo, Escola A Rúa (Cangas). Cine en curso Galicia 2013-2014

 

Estrea do documental "Massó no recordo" no Auditorio de Cangas !!

   

Os alumnos e alumnas de  6º curso do CEIP A Rúa comprácense en invitarlle á presentación do documental
 
 
MASSÓ NO RECORDO

 

Actividade do Plan Proxecta “Cine en curso” en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe

 

Xoves 12 de xuño ás 9 da noite
Auditorio de Cangas
 
 

AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO 2014-2015

Convocatoria: Orde do 28 de maio de 2014.  

 
 
Prazo de presentación de solicitudes: Do 2 de xuño ao 2 de xullo. Poderanse cubrir no enderezo electrónico indicado e tamén no colexio (haberá impresos en Conserxería).
 
Prazo de recollida dos vales: Os días 7 e 8 de xullo de 10:00 a 12:00.
 
Requisitos para acceder ás axudas:
1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano académico. O alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.
4. Non estar matriculado en 5º de educación primaria nalgún dos centros seleccionados para o proxecto experimental Educación Dixital durante o curso 2014-2015, xa que este alumnado disporá dun entorno virtual de aprendizaxe. O colexio solicitou a participación neste proxecto pero aínda non saíu a resolución cos centros seleccionados.
Documentación a presentar

a) Libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar. Só no caso de non ter libro de familia, ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2012, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar.

b) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%, deberá presentarse un documento que acredite esta circunstancia a 31 de decembro de 2012.

c) No caso de situación de violencia de xénero no contorno familiar: documentación acreditativa.

Principais novidades desta convocatoria:
1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto e non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario.
2. O alumnado (excepto o de 1º e 2º de Primaria) ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015, a un fondo solidario (banco de libros).

NORABOA CAMPIÓNS!!!

                                       

Alumnos e alumnas da Rúa foron os vencedores da primeira edición da Liga Alevín Intercolexios, que se celebrou o pasado venres 30 nas pistas de atletismo de Verín (Coiro).

 Aí vos vai un enlace á nova en Faro de Vigo.

PABLÍSIMO E OS SEUS CONTOS

Onte continuamos coas celebracións das Letras Galegas. Con este motivo tivemos a sorte de recibir a visita de Pablísimo que nos contou mil e un contos.
O Contacontos celebrouse na Biblioteca e tivemos dúas sesións, unha para os máis pequenos do cole e outra para os maiores.

Instrumentos moi especiais para acompañar as historias

 

Os pequenos non perderon detalle

 

Pablísimo e o conto da galiña

 

Os maiores participaron do Contacontos tocando instrumentos

DESEÑO E SLOGAN GAÑADOR DO TEMA NÚCLEO DO CURSO 2013-14

Este curso o gañador, tanto do debuxo como do slogan do tema núcleo, foi...
 Antón Iglesias Vidal (6º de Primaria )
 

Traballo gañador e finalistas na entrada do cole

 

Traballo gañador de Antón, de 6º de Primaria
Traballos finalistas

 

 

Premios ao CEIP A Rúa

 

CURSO 2014-2015

 

PREMIOS AO PROXECTO "VIAXE NO TEMPO" 

No curso 2014-2105 O CEIP A Rúa recibiu dous novos premios á innovación educativa. Os dous teñen como soporte o Proxecto   "Viaxe no tempo".

 

 . PREMIO DE ALFABETIZACIÓN AUDIOVISUAL, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD, Orden ECD/2657/2015 de 1 de decembro). Recibimos este premio nacional por segundo ano consecutivo.

"El jurado ha querido destacar este trabajo su forma de promover la alfabetización y desarrollar el pensamiento crítico. Igualmente se resalta el hecho de que a través de él se genera una profunda vinculación con su tradición cultural. Por último se ha valorado que se trata de un proyecto muy sólido en su configuración."

.PREMIO IMPULS, convocado pola Fundació Impuls

Accésit a la mejor experiencia de aprendizaje cooperativo en el aula para el proyecto VIAJE EN EL TIEMPO del CEIP A Rúa (Cangas) presentado por Ana Mª Fernández - See more at: http://fundacioimpuls.org/conoce-los-ganadores-del-vii-premio-impuls/#sthash.rjvAyj30.dpuf

Áccesit á mellor experiencia de aprendizaxe cooperativa na aula (20/10/2015), para o proxecto VIAXE NO TEMPO do CEIP A Rúa.

Accésit a la mejor experiencia de aprendizaje cooperativo en el aula para el proyecto VIAJE EN EL TIEMPO del CEIP A Rúa (Cangas) presentado por Ana Mª Fernández. - See more at: http://fundacioimpuls.org/conoce-los-ganadores-del-vii-premio-impuls/#sthash.rjvAyj30.dpuf
Accésit a la mejor experiencia de aprendizaje cooperativo en el aula para el proyecto VIAJE EN EL TIEMPO del CEIP A Rúa (Cangas) presentado por Ana Mª Fernández - See more at: http://fundacioimpuls.org/conoce-los-ganadores-del-vii-premio-impuls/#sthash.rjvAyj30.dpuf
Accésit a la mejor experiencia de aprendizaje cooperativo en el aula para el proyecto VIAJE EN EL TIEMPO del CEIP A Rúa (Cangas) presentado por Ana Mª Fernández. - See more at: http://fundacioimpuls.org/conoce-los-ganadores-del-vii-premio-impuls/#sthash.rjvAyj30.dpuf
Accésit a la mejor experiencia de aprendizaje cooperativo en el aula para el proyecto VIAJE EN EL TIEMPO del CEIP A Rúa (Cangas) presentado por Ana Mª Fernández. - See more at: http://fundacioimpuls.org/conoce-los-ganadores-del-vii-premio-impuls/#sthash.rjvAyj30.dpuf
Accésit a la mejor experiencia de aprendizaje cooperativo en el aula para el proyecto VIAJE EN EL TIEMPO del CEIP A Rúa (Cangas) presentado por Ana Mª Fernández. - See more at: http://fundacioimpuls.org/conoce-los-ganadores-del-vii-premio-impuls/#sthash.rjvAyj30.dpuf

A dotación económica permítenos continuar costeando os proxectos audiovisuais que levaremos a cabo neste curso. Neste proxecto galardoado destaca a nosa participación en Cine en curso como eixo vertebrador de todas as propostas relacionadas coa Pedagoxía do cine.

 

CURSO 2013-2014

 

O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación

 

O CEIP A Rúa gaña o premio de Alfabetización Audiovisual, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD), polo proxecto "Cineando Ilusións", que levaron a cabo durante o curso 2013-2014 os alumnos/as da aula de 6º de primaria e varios dos seus profesores/as.

A nova aparece publicada no xornal FARO DE VIGO con data do 3 de outubro: 

Lembramos que o alumnado foi o protagonista da elaboración dun documental que levou por título "Massó no recordo", asesorado por técnicos profesionais.

Este documental está publicado na web de Vimeo:

 Massó no recordo, Escola A Rúa (Cangas). Cine en curso Galicia 2013-2014

 Se queredes coñecer máis sobre o proceso de elaboración do documental, o rexistro levouse a cabo na Site:

https://sites.google.com/site/cineandoilusions/proxecta-cine-en-curso

 

O portal da Consellería de Educación e do MECD tamén publican a nova:

http://www.man.es/prensa-mecd/actualidad/2014/09/20140929-premios.html

http://www.edu.xunta.es/web/node/13522

 

 

 

PREMIO AO PROXECTO "VIAXE POLO UNIVERSO"

 

A finais do curso pasado enviouse dende o centro o proxecto "Viaxe polo Universo" para participar no Concurso de Traballos por Proxectos, convocado pola Dirección Xeral de Centros e RRHH, no contexto do Plan LÍA de bibliotecas escolares  (Lectura, Información, Aprendizaxe) para experiencias levadas a cabo durante o curso 2013/2014

VISITA O PROXECTO "VIAXE POLO UNIVERSO" REALIZADO POLOS ALUMNOS DE 6º DE PRIMARIA

 

 

 

 

 

 

CURSO 2012-2013

 

Premio de boas prácticas de innovación educativa 2012-2013

 

O centro recibiu un Premio de boas prácticas de innovación educativa no curso 2012-2013 polo proxecto "Os ecosistemas terrestres do Morrazo. Os animais", realizado pola profesora titora de 6º curso de primaria en colaboración co coordinador TIC.

 

.

 

 

Matrícula curso 2014-2015

Comeza o período de matrícula para o curso 2014-2015

Os postos escolares vacantes están publicados no taboleiro de anuncios do centro.

Prazos:

  • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 24 de marzo ao 4 de abril.
  • Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria: 

Distribuir contido

Eventos

« Decembro 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Browse for audio by