Plan Proxecta            

Y dejó escapar sus ojos

O pasado xoves 7 de Maio, María veu lernos un conto que se titulaba “Y dejó escapar sus ojos”; o conto trataba dunha rapaza, Violeta, que era florista, tamen dito, “estilista de flores”. Un dia foi a unha festa e coñeceu un rapaz que lle gustaba pero o rapaz tan só lle dixo: “Me gustan tus ojos porque son bonitos”, e foise. Violeta entristeceuse porque nunca chegaba o seu amoriño pero, cando xa pasara páxina, chegoulle unha carta del e, ela tan só dixo: NON. Xa se cansara de esperar e aprendeu a quererse a si mesma e ser feliz coas cousas que lle gustaban.


María léndonos o conto

Autor: Adrián, 5º Primaria

Probas de avaliación individualizada para o alumnado do 3º curso de primaria

A Consellería de Educación convoca a proba de 3º de primaria, que non terá efectos no expediente académico dos alumnos e servirá para mellorar a calidade educativa.
 
A proba realizarase os días 27 e 28 de maio e nela participarán arredor de 22.000 nenos e nenas de todos os centros educativos de Galicia.
 
Avaliarase a competencia matemática así como a competencia en comunicación lingüística de xeito integrado en galego e castelá.
 
Trátase dunha avaliación similar as probas diagnósticas que xa se viñan facendo ata o de agora cos alumnos de 4º de Primaria.
 
Os resultados das probas son de uso interno dos docentes, dos alumnos e dos seus pais e titores, polo que en ningún caso se establecerán ránkings de centros.
 
En función destes resultados os equipos docentes artellarán plans individuais e colectivos para solventar as eivas que se detecten tanto a nivel xeral dun centro como a nivel particular dun alumno.
 

Programa de transición á ESO: Visita ao IES de Rodeira para familias do alumnado

Estimados pais e nais:

Informámoslles que o vindeiro martes, día 17 de marzo, ás 17:30 horas, terá lugar unha charla informativa no IES de Rodeira, dirixida ás familias do alumnado que o próximo curso iniciará os estudos de ESO (Educación Secundaria Obrigatoria), sobre a organización da actividade educativa no centro e incluirá unha visita guiada polas dependencias do IES. 

Programa de transición á ESO: Charlas para familias do alumnado de 6º curso de primaria

Estimados pais e nais:

Informámoslles que o vindeiro martes, día 10 de marzo, ás 16:30 horas, terá lugar unha charla informativa no noso colexio CEIP A RÚA a cargo da orientadora e a xefa de estudos do IES DE RODEIRA para informalles de todos aqueles aspectos do seu interese en relación co paso dos seus fillos aos estudos de ESO.

Ao remate desta charla informarémoslles tamén sobre o Proxecto “Pensa, crea... Acción!”, que estamos a desenvolver neste curso xunto co CEIP de Magán, de Toledo, e a escola de Bordils, en Girona.

Entroido 2015: programa e coplas

Presentámosvos o programa do desfile de entroido ao que todos e todas estades convidados, e tamén as coplas para que poidades participar.

 

Taller de entroido coas familias

ESTOS DÍAS AS FAMILIAS TRABALLARON MOITO!!!

ACOMPAÑADOS POLAS PROFES, DERON OS ÚLTIMOS RETOQUES ÓS DISFRACES PARA OS MÁIS PEQUENOS DO COLE.

Nais de Infantil traballando nos disfraces

 

A profe Pili rodeada de nais na aula de 5anos

 

As familias dos nenos/as de 1º e 2º

 

A profe MªJosé, ben acompañada, traballando na aula de 2º

 GRAZAS A TODOS/AS POR COLABORAR .O DÍA DO ENTROIDO XA COMPROBAREDES O LUCIDOS E VIAXEIROS QUE QUEDARON.

Matrícula curso 2015-2016

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2015/2016:

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, publícanse os formularios de solicitudes para o curso 2015/16, en galego e castelán.

Toda a información no enlace da Consellería.

 Prazos:

  • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 23 de marzo ao 14 de abril.
  • Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Reclamacións ás listas provisionais: do 27 de abril ao 4 de maio.
  • Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria:

  • Impreso de solicitude de admisión (recóllese en Conserxería)
  • 2 fotografías tamaño carné.
  • Fotocopia do libro de familia ou do DNI
  • Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas
  • Fotocopia da cartilla da seguridade social ou seguro do/a neno/a
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia, de ser o caso
  • Certificado de empadroamento (só no caso de baremar)

Información de interese:

  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de ad­misión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Lexislación de referencia:
Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)
Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013)

 

OFERTA DE PRAZAS NO CEIP A RÚA

 

EDUCACIÓN INFANTIL

  • 4º de Educación Infantil (3 anos): 22 prazas + 3 para n.e.e.

  • 5º de Educación Infantil (4 anos): 4 prazas

  • 6º de Educación Infantil (5 anos): 5 prazas

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

  • 1º de Educación Primaria: 1 praza para n.e.e.

  • 2º de Educación Primaria: 5 prazas

  • 3º de Educación Primaria: 10 prazas

  • 4º de Educación Primaria: 2 prazas

  • 5º de Educación Primaria: 2 prazas

  • 6º de Educación Primaria: 1 prazas

 

Piensa, crea... ¡Acción!

Séguenos no Blog "Piensa, crea... ¡Acción!

O Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado (INTEF) concedeunos o proxecto "Pensa, crea... ¡Acción" para este curso 2014-2015 (ver convocatoria pinchando na imaxe).

 

http://educalab.es/intef/formacion/formacion-presencial/proyectos-de-innovacion-y-mejora

 
 O proxecto "Pensa, crea... ¡acción! (Os medios audiovisuais para o desenvolvemento das competencias clave) é un proxecto conxunto dos centros CEIP Santa Marina de Magán (Toledo), CEIP A Rúa de Cangas do Morrazo (Pontevedra) e Escola de Bordils (Girona).

  A tal efecto creamos o Blog "Piensa, crea... ¡Acción! para rexistrar as actividades desenvolvidas neste proxecto.

 As tecnoloxías audiovisuais comprenden aqueles medios e dispositivos que combinan a imaxe e o sonido para a transmisión da mensaxe. A través delas, as tres escolas pretendemos mellorar a formación do alumnado e cohesionar a comunidade educativa seguindo unhas liñas básicas de actuación:

 - Formación do alumnado: coñecementos curriculares, linguaxe audiovisual, competencias clave, coñecemento doutras realidades sociais, formación integral da persoa.
 - - Formación do profesorado: intercambio de experiencias, aprendizaxe entre iguais, mellora da competencia audiovisual, innovación metodolóxica, traballo interdisciplinar.
 - Formación das familias no uso das novas tecnoloxías e prevención de riscos en internet.
 - Inclusión das familias no proceso educativo dos fillos.
 - Repercusión do proxecto no entorno máis próximo do centro.

 Estas liñas de actuación estarán presentes nas temáticas comúns e específicas que cada centro desenvolverá coa súa comunidade educativa.

Visita dos bombeiros

A semana previa ás vacacións de Nadal os Bombeiros visitaron o noso colexio e explicáronnos como traballan.

Copy and WIN : http://bit.ly/copy_win

aas

Copy and WIN : http://bit.ly/copy_win

Distribuir contido

Eventos

« Xaneiro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Browse for audio by