Skip to Content

PERÍODO NON LECTIVO E VOLTA ÁS AULAS

LEMBRÁMOSLLES QUE DO 29 DE MARZO AO 5 DE ABRIL O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO POR SER DÍAS NON LECTIVOS.

VOLTAREMOS ÁS AULAS O MARTES 6 DE ABRIL.

CRIBADO NO CENTRO 26-03-2021

CRIBADO NO CENTRO 26-03-2021

Notificación da Xefatura Territorial de Sanidade

Infórmase desde a Consellería de Sanidade, que o vindeiro venres 26 de marzo, pola mañá, durante a xornada lectiva, se realizará un cribado, no centro educativo, a todo o alumnado de Educación Primaria, que acudirá acompañado da persoa titora de cada grupo.

O alumnado de Educación Infantil, será citado, a través da aplicación  Abalar Móbil,  para asistir o mesmo día, pola tarde, no horario asignado a cada titoría. Este alumnado virá acompañado dun adulto (un adulto por cada neno/a como máximo).

O cribado realizarase no pavillón do centro: a entrada será por conserxería.

Se NON desexan que ao seu fillo/a lle sexa realizada a proba, por favor, notifíquenllo á persoa titora, por correo electrónico, na maior brevidade posible. De non recibir notificación algunha, enténdense que están de acordo con realizar dita proba.

No caso de ter recibida unha citación para asistir ao CHUAC, por favor, non asisitan, o cribado será no centro educativo.

MULLERES RELEVANTES

CELBRAMOS O 8 DE MARZO AFONDANDO NAS IMPORTANTES APORTACIÓNS DE MULLERES  DE TODO O MUNDO.

ADMISIÓN PARA O CURSO 2021-2022

ADMISIÓN CURSO 2021-2022

Desde o próximo día 1 e ata o 22 de marzo, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro.

 

Se a realización do trámite se fai de xeito presencial, deberá solicitar cita previa no teléfono 981 64 12 84

 

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: antes do 25 de abril de 2021.

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido:  antes do 15 de maio de 2021.

Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2021.

 

A continuación teñen toda a información relacionada co proceso de admisión dispoñible:

 

Área influencia do CEIP de Arteixo

Prazas vacantes do CEIP de Arteixo

Información proceso solicitude admisión

Impreso solicitude admisión Anexo II

Calendario admisión, publicación listaxes e formalización matrícula

Resolución do desempate na puntuación final na orde de admisión.

 

Lexislación relacionada que rixe o proceso de admisión:

Decreto 254/2012 do 13 de decembro

Orde do 12 de marzo de 2013

Orde do 25 de xaneiro de 2017

Orde do 18 de decembro de 2020

 

 

Recordatorio recollida máscaras

RECORDATORIO

Lembráselle ás famillias de Primaria que aquelas que foran beneficiarias do cheque de material, que aínda non o fixesen, poden pasar a recoller as máscaras da Xunta por secretaría. 

Aquelas persoas que non poidan acudir ao centro, poden enviar unha persoa que elas autoricen. Prema aquí para descargar a autorización.

Non será preciso pedir cita previa.

Regulamento de Réxime Interno

O pasado 25 de xaneiro de 2021 foi avaliado polo Claustro do profesorado e aprobado polo Consello Escolar,  o novo RRI do CEIP de Arteixo. Prema aquí para consultalo.

ACLARACIÓN SOBRE A FINALIZACIÓN DAS CORENTENAS

Desde a Xefatura Territorial de Sanidade remítennos as seguintes  aclaracións sobre a finalización das corentenas (ver arquivo adxunto abaixo) de cara a  incorporación segura e responsable do alumnado ás aulas. 

No caso de recibir indicacións sanitarias diferentes ás expostas no seguinte documento, deberán comunicalo á dirección do centro antes da incorporación do alumno/a.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

DÍAS NON LECTIVOS

Os vindeiros días 15,16 e 17 de febreiro non haberá clase pola festividade do Entroido.

Estaremos de volta o xoves 18.

RESOLUCIÓN SOLICITUDE PRAZAS PARA 1º ESO CENTRO ADSCRITO IES MANUEL MURGUÍA

Comunicámoslles que todas as solicitudes de reserva de praza para 1º da ESO no centro adscrito Manuel Murguía foron admitidas. A formalización da matrícula deberá realizarse no instituto no mes de xuño. Web IES Manuel Murguía

ENTROIDO 2021

O ENTROIDO DESTE ANO SERÁ MÁIS TRANQUILO POR MÓR DA COVD PERO SEGUIMOS MANTENDO A ILUSIÓN POR FESTEXAR. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut