Skip to Content

HORARIOS ENTRADAS E SAÍDAS E. INFANTIL e E. PRIMARIA CURSO 2021-2022

HORARIOS ENTRADAS E SAÍDAS E. INFANTIL E PRIMARIA CURSO 2021-2022

 

Para poder consultar os horarios de entrada e saída do alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria para este curso PREMA AQUÍ.

ITINERARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2021-2022

ITINERARIOS DE ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2021-2022

Para poder consultar o plano de circulación e das portas de acceso de entrada e saída do alumnado ao centro premer AQUÍ.

PUBLICADAS AS LISTAXES DE ALUMNADO E USUARIOS DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

PUBLICADAS AS LISTAXES DE ALUMNADO E USUARIOS DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

Acaban de seren publicadas as listaxes de alumnado por etapa, curso e grupo, así como as listaxes de transporte para que poidan ser consultadas.

LUGAR: no taboleiro interior do centro ao lado de secretaría.

HORA: De 10 a 13 H (non será preciso solicitar cita previa, pero é moi importante que respecten as normas sanitarias vixentes).

 

 

HORARIO DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

A continuación, presentamos o horario no que virá o alumnado de 3 anos ao comezo do cole. En breve informaremos das nenas e nenos que formarán cada grupo.

Premede na imaxe para unha melllor visualización.

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN EN E. INFANTIL

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN EN  E. INFANTIL

Para consultar a información prema AQUÍ.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

HORARIO ADMINISTRACIÓN

 

HORARIO ADMINISTRACIÓN

O horario de atención ao público de admnistración do 1 ao 8 de setembro será:

De 9:30 a 13:45 horas

 

A partir do día 9, inclusive, será: 

De 9:50 a 11:45 horas.

O correo electrónico de contacto coa administración será: administracion@ceipdearteixo.org

Para solicitar cita previa ou para calquera dúbida: 981 64 12 84 

 

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O CAMBIO DA ÁREA OPTATIVA DE ENSINANZAS RELIXIOSAS PARA O CURSO 2021-2022

 

Ábrese novamente o prazo para solicitar o cambio da área optativa de ensinanzas relixiosas para aquelas familias que non o fixeron no mes de maio e que o decidan facer agora.

Prazo: Do 1 ao 15 de setembro.

Modo de presentación das solicitudes:

-  Preferiblemente enviando a solicitude xa cuberta a través do correo electrónico: administracion@ceipdearteixo.org

- De xeito presencial, con cita previa, chamando ao 981 64 12 84

Poden descargar as solicitudes (documento editable) premendo aquí, ou ben recoller impreso na secretaría do centro.

TRANSPORTE ESCOLAR

As listaxes provisionais do alumnado que solicitou transporte escolar para o curso 2021-2022, poderán ser consultadas no taboleiro situado no interior do centro a partir de mañá, día 21, ata o 30 de xullo. Neste mesmo prazo poderán facerse as reclamacións oportunas, na secretaría do centro (consultar horarios de atención ao público nesta páxina).

As listaxes definitivas publicaranse a partir do día 1 de setembro.

 

HORARIOS SECRETARÍA MES DE XULLO

HORARIOS SECRETARÍA MES DE XULLO

A secretaría do centro permancerá aberta no mes de xullo para atención ao público nos horarios que seguen:

 

Desde o luns 12 até o martes 20 de xullo: de 9:30 a 13:30 horas.

 

Desde o mércores 21 até ao venres 30 de xullo: de 10 a 12 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut