No documento adxunto pódese consultar información relativa á convocatoria de eleccións ao Consello Escolar 2022-2023.
Na imaxe adxunta pódese consultar o calendario lectivo para o curso 2022/2023 no que se inclúen os días non lectivos solicitados polo noso centro.
Ademais dos días non lectivos recollidos na Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o noso centro solicitou os seguintes:
- 5 de decembro do 2022
- 2 de maio do 2023
Durante este curso 2022-2023 seguiremos participando no Proxecto Ríos que tan boas experiencias ofreceu o pasado curso. Así, o venres tivo lugar a primeira actividade: a LIMPEZA DO RÍO.
Toda a escola, acompañados por persoal do Concello e polo Concelleiro de Medio Ambiente, desprazouse camiñando ata o tramo do Río Armenteira que temos moi preto do centro. Unha vez alí, organizados por grupos, comezamos co traballo de limpeza tendo que retirar plásticos, cabichas, papeis e... ata unha tixola!
Agora o traballo continúa nas aulas analizando a información obtida e procurando estratexias para mellorar a nosa fermosa contorna.
Parabéns ao alumnado pois amosouse moi implicado na actividade ao tempo que amosaba preocupación por manter limpa a súa vila.
Grazas ao Concello pola colaboración, a Camilo pola súa axuda sempre e á organización do Proxecto Ríos achegando toda a información necesaria así como unhas bonitas camisetas de agasallo para o alumnado.
Dende hoxe día 8 de setembro o colexio comeza o seu curso 22-23 co horario habitual de 9:00 a 14:00 horas (excepto o alumnado de 4º de Educación Infantil que se atopa no período de adaptación).
En canto ás normas de organización e funcionamento do centro relativas á COVID 19 compartimos Sa últimaS actualizacións do Ministerio de Sanidade así como da Consellería de Educación para os centros educativos.
Toda a información anterior así como o relativo a cada curso escolar tratarase de maneira detallada nas reunións iniciais de cada ciclo co seu titor ou titora. Estas reunións terán lugar nas seguintes datas:
1º CICLO: martes 20 de setembro ás 17:00 horas (Aula de 1º ciclo)
2º CICLO: martes 20 de setembro ás 17:30 horas (Aula do 2º ciclo)
3º CICLO: martes 20 de setembro ás 18:00 horas (Aula do 3º ciclo)