INFORMACIÓN INICIO DO CURSO 2020/2021
Estimadas familias:
Dámoslles a benvida a este novo curso e informámoslles que as clases comezarán
a vindeira semana de xeito escalonado:
-o XOVES 10 de setembro: 4º , 5º de Educación Infantil (3 e 4 anos); 1º, 2º e 3º de Primaria
-o VENRES 11 de setembro: 6º de educación Infantil (5 anos); 4º, 5º e 6º de Primaria
Será obrigatorio o uso de mascarilla para todo alumnado de Primaria e ademais tal e como
establece o protocolo da Xunta será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de
recambio, así como un estoxo específico para gardala.
Na etapa de Infantil non é obrigatorio o uso da mascarilla pero recoméndase.
En canto ás reunións de inicio de curso de Primaria irémosvos informando nos próximos días;
no caso de Infantil a reunión será o MARTES 8 da próxima semana ás 13 h.
Un saúdo dende a escola e si hai novidades xa vos vamos informando.