Responder ó comentario
Boas familias!
Informamos de que durante este curso o noso cole estará participando no RETO
“RECREOS RESIDUOS CERO” impulsado polo colectivo Teachers For Future Spain.
O obxectivo é motivar ao alumnado e familias para que nas merendas que traen
ao cole haxa a menor cantidade de residuos posible. Para iso é interesante usar
envases reutilizables co fin de eliminar as botellas de plástico, os envases dun só
uso como plásticos, papel de aluminio, etc.
Agardamos a que vos animedes a participar e poidamos contribuír dende o noso
cole ao coidado do medio ambiente.