Responder ó comentario
Dende o 16 ata o 27 de novembro estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes para o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e en centros privados concertados no curso 2020/21.
MOI IMPORTANTE: NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOSE BENEFICIARIO DA AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2020/21, pois dito alumnado terá dereito á axuda das máscaras automáticamente.
Presentarán a solicitude presencialmente no centro as familias de alumnos/as que cumpran algunha das seguintes condicións:
1- Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 6000 € (exercicio do 2018)
2- Alumnado matriculado en educación especial.
3- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
4- Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.
Nos ficheiros adxuntos podedes consultar a orde e descargar o impreso da solicitude (tamén podedes solicitalo na escola)
Para calqueira dúbida chamade ao colexio.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde do 6 de novembro.pdf | 608.65 KB |
ANEXO I E II_ED330E_G.pdf | 136.44 KB |