Contratos programa

abalar móbil

plan proxecta

BIBLIOTECAS ESCOLARES

e-dixgal

blogue deadmin

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

Aberto o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta

 

O prazo para presentar as solicitudes, -por vía telemática, nos propios centros docentes ou nos rexistros oficiais-, rematará o 21 de xuño
 
O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 90 e os 170 euros en función da renda
 
No caso do alumnado matriculado en educación especial, mantense unha axuda de 250 euros independentemente da renda
 
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e  poderá acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar
 
Ademais, no caso de rendas inferiores aos 5.400 euros per cápita, o alumnado poderá recibir vales de 50 euros para adquisición de material escolar

 

LENDO AS NOSAS CREACIÓNS

Onte xoves e hoxe venres durante o Plan Lector fomos a nosa nova Biblioteca a presentar as nosas creacións. Foron unhas historias cortiñas pero fascinantes.

 

OBRADOIRO DE CREACIÓN LITERARIA

Hoxe Comelibros puxo a todos os nenos e nenas de do Cole de Armenteira a crear pequenas grandes obras literarias. Coa axuda duns dados, traballo cooperativo, ferramentas axeitadas para escribir, debuxar e pintar, e sobre todo da súa IMAXINACiÓN sairon unhas historias fascinantes.

CONTOS CANTADOS

No día de onte, despois do recreo, continuamos coas actividades previstas para esta Semana do Libro tan fascinante que temos. O alumnado preparou coa profe de música un contiños musicados.

SONS DIVERTIDOS

UN PESADELO NO MEU ARMARIO

O POLO PEPE VAI A ESCOLA

LA VACA SOFÍA QUE AMABA LA MÚSICA

 

Distribuir contido