Skip to Content

Biblioteca

SUXESTIÓNS PARA O VERÁN

Aquí tendes algunhas suxestións de libros que COMELIBROS preparou para vós, grandes e non tan grandes. Estes libros están desexando ser convidados a pasar o verán con vós. Esperamos que sexan do voso agrado.

Dende a BIBLIOTECA DE ARMENTEIRA, desexámosvos un BO VERÁN!!!!!

suxestions libros para o verán

ATA O CURSO QUE VÉN, QUE HABERÁ MÁIS E MELLOR

PICNIC LITERARIO

Este ano fixemos un "PICNIC LITERARIO" coa comunidade educativa do CRA de Meis, na Aldea da Pedra e da Auga. Foi unha xornada fantástica, tivemos andaina por esta fermosa ruta de pedras e auga; os máis pequenos unha procura do tesouro fantástica; compartimos lecturas maravillosas, unha merenda deliciosa, e como non, xogamos, cantamos e bailamos con Çe Pantasma.

O CASAMENTO DA PULGA

En homenaxe a Antón Fraguas, o alumnado de 1º e 2º de primaria fixemos unha pequena obra de teatro na nosa Biblioteca. Esperamos que vos goste.

LENDO AS NOSAS CREACIÓNS

Onte xoves e hoxe venres durante o Plan Lector fomos a nosa nova Biblioteca a presentar as nosas creacións. Foron unhas historias cortiñas pero fascinantes.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut