Visita á Biblioteca Pública de Pontevedra

Os peques do colexio foron visitar a Biblioteca Pública de Pontevedra  , enmarcada dita visita dentro do" Proxecto dos Contos". A actividade proposta foi a de "Cocicontos" que se realizou dentro da sala infantil para, que recoñezan os diferentes espazos, saiban moverse por eles en función do que estean a buscar e observen os diferentes tipos de materiais cos que se poden atopar. Na segunda parte da sesión traballaron co conto  popular “El grato tragón”, un gato lambón que come todo o que se lle pon por diante. Texto encadeado que invita ao xogo oral e pon a proba a memoria dos nenos/as.
 Finalmente falouse sobre a importancia de comer ben para medrar fortes e sans, facendo  fincapé na boa alimentación e no xogo de recoñecemento dos  alimentos a partires dunha receita de cociña simulada das mans da cociñeira contacontos.

 

Visita á Biblioteca Pública de Pontevedra
AnexoTamaño
Biblio 2.jpg122.12 KB
biblio 3.jpg119.75 KB

Eventos

« Agosto 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031