8M ( DÍA DA MULLER TRABALLADORA)

Un dos grandes retos deste século é acadar a igualdade de dereitos das mulleres respecto a dos homes. Porén, no CEIP de Ardán un dos nosos principais obxectivos é educar día a día ao noso alumnado na igualdade de xénero. Realizando actividades e aplicando todos os recursos posibles para edúcalos e concienzalos nesta realidade .
No cole, traballamos por un futuro en igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
O 8M serve para concienciar e facer visible o traballo diario das mulleres. Por iso, coma neste últimos anos colocamos un expositor de mulleres escritoras de distintos lugares. Tamén Borli, a nosa mascota da Biblioteca, implícase neste día enviándonos propostas para reinvidicar este día.
Ademais, o Concello de Marín, entregou as nenas e nenos unhas libretas que subliñan o papel da muller coma coidadora.
Durante esta semana seguiremos realizando actividades dentro e fóra da aula sobre o 8M.

Eventos

« Abril 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930