Este curso decidimos buscar a nosa mascota para a biblioteca e moitos nenos e nenas participaron coas súas creacións, debuxos, nomes e historias, polo que vos damos as grazas a todos. Xa temos a elexida, a nosa curuxa Sabichona que nos trouxo Berta de 4º dende o Ártico. Agora acompañaranos en todas as actividades e contaranos moitas historias porque é un ave moi sabia, pero o primeiro é coñecer a súa historia e como foi que chegou ata o noso colexio, polo que comezamos un libro viaxeiro no que todos participaremos aportando unha parte da súa viaxe. Cantas aventuras e lugares percorrería a nosa curuxa!!!
A nosa biblioteca - Recomendámosche...
Concurso de contos de medo
Estamos moi satisfeitos coa participación dos nosos alumnos no concurso de contos de medo da biblioteca.
Ampliamos un pouco o prazo e xa tedes - e teredes durante todo o mes de novembro- a exposición dos contos participantes na recepción do colexio:
E, xa postos a incumplir a parte das nosas bases sobre a data de entrega; decidimos incumprir xa de todo e dar máis premios!
Incluímos nova categoría: Infantil, e damos premio por participación de clase completa.
Polo volume e calidade dos contos en lugar de 2 categorías en primaria, establecemos 3: 1º e 2º, 3º e 4º, 5º e 6º.
Hai dous premiados por categoría.
Todos os nenos que participaron levarán un diploma.
Os nenos premiados recibirán ademáis un libro apropiado para a súa idade, unha medalla ou distinción e serán homenaxeados pola biblioteca (xunto con outros nenos que fixeron actos meritorios na lectoescritura neste mes ou relacionados coa biblioteca) nun mini-paseo da fama creado para o efecto.
O xurado xa se reuniu e, nos vindeiros días, os nenos agraciados con diploma ou libro recibirán novas e una grande felicitación por parte do equipo de biblioteca.
Esperamos que desfrutadeses con este concurso e agradecemos o esforzo das persoas que contribuistes a que os alumnos e alumnas participasen nesta actividade de escritura.
OS CONTOS DO CAMIÑO: "OLLOBRUSCO"
OS CONTOS DO CAMIÑO
OLLOBRUSCO
Un rato, movido pola curiosidade e o desexo de ser feliz, sae a correr mundo, xunto con dous compañeiros de aventuras, un can e un elefante, que tamén queren coñecer máis cousas que as de cada día. Despois de percorreren varias paisaxes máxicas e cruzaren o océano das estrelas, topan o ciclope Ollobrusco e, nun exceso de inxenuidade, quedan a comer con el…
Texto de Darabuc
Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello
Tradución do castelán Sara Monda
LIBRO RECOMENDADO + de 4 anos.
... E que podo facer eu !!??
Cómpre que os nenos e as nenas saiban que as cousas non son tan doadas para todos. Revelándolles desde ben pequenos, os matices da realidade máis próxima, aínda que, sen que teñan que padecer esas situacións dramáticas, xa poden ir tomando conciencia de como é o mundo que os rodea. Con esta lectura comprenderán ademais, que paga a pena ser activos e implicarse na loita por valores como a igualdade, a solidariedade e a xustiza social.
Clic na imaxe para ver o vídeo.