Bo día!
Hoxe a miña proposta consiste en xogar con dados. Familias, lembrade que estas propostas para nada son obrigatorias e que se van supor unha carga engadida ás vosas tarefas diarias, mellor non facelas. Sodes xeniais e estades a desenvolver unha labor fundamental para superar estes difíciles momentos.
Neste xogo pode haber variables, e poñer vós as vosas propias normas, por exemplo, variar o número e xeito de colorear na cuadrícula segundo o número que saia no dado ou poñer como condición que se debe colorear sempre ao carón doutros cadros xa coloreados, procurando non deixar espazos polo medio... .
Aí vos deixo a proposta en pdf.
Se queredes enviar fotos ou comunicarvos comigo, podedes facelo a través do correo rociocandalescovid19@gmail.com.
Un bico e Moita Forza!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
o xogo dos dados-2.pdf | 23.94 KB |