Skip to Content

Estimulación da linguaxe oral dos máis pequenos

Bo día familias!

A continuación adxuntamos uns documentos para o alumnado de Educación Infantil. Trátase do P.E.L.O ou Programa de Estimulación da Linguaxe Oral, que tal e como indica o seu nome ten como obxectivo a estimulación e prevención de dificultades de linguaxe e aprendizaxe.

Os contidos deste programa chamado "Comunicarnos", están dispostos por quincenas e por curso (4º,5º e 6º de EI) dentro deles poderedes atopar enlaces para distintos materiais que vos levarán ao blogue de "Siembra estrellas".

Esta páxina recomendámola totalmente para traballar a comunicación e a linguaxe. Esperamos que vos sexa de proveito para organizar actividades coas vosas crianzas!

O seguinte enlace levarávos a un Drive creado onde iremos subindo máis materiais.

https://drive.google.com/drive/folders/1Xz9WV2maj8vqFOWonFBoCcrXhBPB4GW4?usp=sharing

 

Moito ánimo e forza para estas datas!



contido_mestres | by Dr. Radut