O ENTROIDO DO COLE NO XORNAL

O XORNAL "LA REGIÓN" MOSTRA UNHA PEQUENA PARTE DO QUE FOI O NOSO DIVERTIDO E COMPROMETIDO DÍA DE ENTROIDO!

Nenos e nenas, profesorado e persoal non docente implicámonos para colaborar co MECO e seguir a súa proposta de facer  UNHA HOMENAXE Á CHOIVA...E CONCIENCIARNOS DA IMPORTANCIA E COIDADO  DA AUGA.

E, claro, a choiva aliouse con nós e, no ultimísimo momento, cando xa non o esperabamos, deixounos un "bocaño" para que os pequeniños puidesen lucir os fermosos traxes froito de moitas horas de traballo e facer o seu pequeno desfile polo parque!

Despois, todo o colexio puido desfilar no patio polideportivo, mostrar o triunfo da imaxinación (gorros, botas, chuvasqueiros "tuneados"...) e divertirse co baile!!!