Skip to Content

Educando nenos/nenas felices

Funcionamento do comedor escolar no curso 2023/2024

        

  

 

  MENÚS 2023/2024

  
 

 

   
     
     
Setembro OutubroNovembroDecembroXaneiro
FebreiroMarzoAbrilMaioXuño

 

TODOS OS PAIS/NAIS DOS ALUMNOS/AS QUE DESEXEN UTILIZAR O SERVIZO DE COMEDOR DEBERAN DE MANIFESTAR  ESTA CIRCUNSTANCIA ANTES DO 7 DE XULLO DE 2023

FORMULARIO PARA ENTREGAR DEBIDAMENTE CUBERTO E ASINADO  DESCARGA

 ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS DESCARGA (ACTUALIZADO)

 

REGULAMENTACIÓN ACTUAL DO FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES.

  • Decreto 132/2013, do 1 de agosto de 2013, polo que se regulan os comedores escolares dos centros públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

  • Orde do 21 de febreiro de 2007 (DOG, 05/03/2007) pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo do comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

  • Orde do 13 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, o funcionamento e a xestión do servizo do comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes desta consellería.

  • Quedan derrogados o Decreto 10/2007, do 25 de xaneiro eo Decreto 374/2009, do 6 de agosto, así como todas as disposicións normativas de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto no presente decreto.

PERÍODO DE FUNCIONAMENTO

 

  •  O comedor escolar funcionará desde o día 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024 ámbolos dous inclusive.

DATOS  IMPORTANTESSOBRE O FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 

 

  • Premer  para acceder á información.

 ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN  PARA ENTREGAR NO COLEXIO                                       (DESCARGA)

PROTOCOLO DE FUNCIONAMENTO DO COMEDOR ESCOLAR

 

  • Está elaborado, segundo a normativa vixente, polo equipo directivo, de acordo coa comisión do servizo do comedor.

  • Recolle as directrices de organización e funcionamento deste servizo, así como o seu seguimento e avaliación durante o curso escolar.

  • Con el preténdese recoller e concretar a regulamentación vixente.

ACCESO AO DOCUMENTO

Calendario Escolar 2023-2024

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024 (C.E.I.P. "A Ponte) PREMER

 

ACTIVIDADES LECTIVAS

  • Inicio do curso e do comedor: 11 de setembro de 2023.

  • Remate do curso e do comedor: 21 de xuño de 2024.

 

PERÍODOS DE VACACIÓNS

  • NADAL: 22 de decembro de 2023 a 7 de xaneiro de 2024, ambos os dous inclusive.

  • ENTROIDO: os días 12, 13 e 14 de febreiro de 2024

  • SEMANA SANTA: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024, ambos inclusive.

 

DÍAS NON LECTIVOS

  • OS FESTIVOS así declarados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local.

  • DÍA DO ENSINO: 7 de decembro de 2023

  • Día non lectivo solicitado polo consello escolar: 20 de maio de 2024

 

 

 

Formalización de matrícula para o curso 2023/2024

PRAZO DE PRESENTACIÓN

  • O alumnado de educación infantil e primaria admitido no centro deberá formalizar a matrícula do 20 de  de xuño ata o 30 de xuño ambos incluídos, segundo o previsto no artigo VI da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

  • Entregarase na secretaría do centro a documentación que a continuación se relaciona.

  • Os Impresos pódense descargar, cubrir e imprimir nas ligazóns que, ao efecto aparecen nesta páxina.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

  • Impreso de formalización da matrícula.

  • Fotocopia compulsada do libro de familia.

  • Certificación de empadroamento expedida polo Concello. (Só no caso de non autorizar á Consellería de Cultura, Educación e O.U, para que poida consultar os datos de residencia do solicitante)

  • Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria.

  • Fotocopias dos Documentos Nacionais de Identidade dos pais ou titores legais e do alumno/a en caso de telo.

  • No caso de separación ou divorcio, copia compulsada da sentenza xudicial e/ou do convenio regulador onde conste a custodia do alumno/a.

  • Informe médico no que conste que, desde o punto de vista sanitario, o alumno/a se atopa en condicións de matricularse nun centro ordinario.

  • Manifestación expresa do pai/nai ou titor/a legal da vontade de que o alumno/a reciba ou non ensinanzas de relixión. Facilítase no centro. 
  • Elección da opción sobre a primeira lingua estranxeira que o alumno/a cursará durante a etapa de educación primaria.Facilítase no centro.

  • Autorización para o uso da imaxe persoal do alumno/a. Facilítase no centro. 

  • Impreso para a informatización de datos persoais, familiares e outros. Facilítase no centro. 

  • Dúas fotografías do alumno/a tamaño carné.

  • Solicitude de admisión no comedor escolar.Facilítase no centro.
  • Solicitude de uso de transporte escolar. Facilítase no centro. 
  • Cuestionario sobre a lingua materna, para as familias do alumnado que se matricule do 1º ano do 2º ciclo de Educación Infantil. Facilítase no centro. descarga

ACCESO AOS DOCUMENTOS PARA CUBRILOS E LOGO IMPRIMILOS

RELACIÓN DE ALUMNOS/AS ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 23/2024 (non se pode publicar pola Ley deP.D. Figura no taboleiro interior do Centro.

  • Alumnado de  4º Educación Infantil

  •  Alumnado de 5º de E. Infantil

  •  Alumnado de 6º de E. Infantil

  •  1º de E. Primaria

  •  2º de E. Primaria

 

  • 3º de E. Primaria

  • 4º de E. Primaria
  • 5º de E. Primaria

  • 6º de E. Primaria

  •  

Distribuir contido


by Dr. Radut