Skip to Content

Premios e distincións

Entrega de premios de xornalismo "Escola de prensa" do Progreso

Claudia ven de recibir da man da presidenta do xornal, Dona Blanca García Montenegro, o primeiro premio na categoría de entrevista do xornal "El Progreso". Parabéns por un traballo ben feito.
Nas fotos, ante a atenta mirada da súa familia e co seu avó -o entrevistado- que tivo a sorte de ser alumno de Antonio Fraguas.
Foi un día especial, non sen nervios porque xusto onde ía ser a entrega de premios vendo a rotativa houbo unha nube tóxica que obrigou a cambiar a ubicación ás instalación da Rúa Ribadeo.
Claudia puido repartir no Centro exemplares do suplemento especial Escola de Prensa onde aparece publicada a súa entrevista.

Entrega de premios redacción na Axencia Tributaria

Os nosos parabéns a David e Claudia polos premios acadados.

Lectura do poema de David Fernández Otero premiado no Certame de Nadal da Biblioteca Nodal.

David Fernández Otero de 5º A no momento da lectura do seu poema premiado. 

Salón de actos da Biblioteca Nodal de Lugo.

 

Parabéns aos premiados no Certame das Letras Galegas da Biblioteca Nodal!

No pasado Certame das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Nodal tivemos a honra de que alumnos nosos recibiran premios.

 

Na Categoría B (de 9 a 11 anos) na modalidade de relato curto  Anxo Seijas Móyer de 5º recibiu o primeiro premio e Joel López Varela recibiu o segundo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Martín Souto Vega recibiu premio polo seu fermoso debuxo na categoría A. Tamén é para nós motivo de ledicia que Daniel Souto Vega exalumno do Centro tamén recibira premio na categoría C.López Varela o segundo premio de relato curto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os premios foron entregados no salón de actos da Biblioteca Nodal.

Entrega de premios na Biblioteca Nodal

Os nosos parabéns a Yasmina Andreea Lanouar polo premio que acaba de recibir na Biblioteca Nodal.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aproveitamos tamén a ocasión para felicitar a Nuria Devesa Núñez unha exalumna do Centro que foi premiada na categoría de 12 anos. 

"Entrega de premios do Certame das Letras Galegas na Biblioteca Nodal"

Nuria Devesa Núñez acaba de recibir un premio na Biblioteca Nodal no Certame das Letras Galegas. O tema este ano era "canta bichería". Parabéns por un traballo ben feito e un xusto recoñecemento.

Entrega de premios na Biblioteca Nodal 2014

1º premio David Souto Veiga 2º premio Nuria Devesa Núñez 3º premio David Varela Rodríguez

Premiados nas Letras Galegas - Publicación da Biblioteca Nodal de Lugo

Nesta publicación da Biblioteca Nodal de Lugo, aparecen recollidos os traballos gañadores do Certame de Narración do Día das Letras Galegas. Nela aparecen as narracións de Candela Ángela Neira Villares e Martín Iglesias Pereiro de 5º que recibiron o 1º e 3º premio da categoría B e Pablo Rico Echegaray, Silvia Rouco Rodríguez e Jonathan Fariñas Bermúdez de 6º que recibiron 1º, 2º e 3º premios na categoría C.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut