Skip to Content

TICs

As TIC na escola

FERRAMENTAS WEB (PREMER)

 

 

Escuchar noticia

O ámbito educativo está vendo como as TIC, proporcionan novas ferramentas de traballo e aprendizaxe, que permiten aos estudantes incrementar os seus coñecementos, por riba de coñecementos temporais ou xeográficos.

Deste xeito atopámonos con que as novas tecnoloxías nos proporcionan diferentes modalidades de ensino, podendo ser utilizadas no ensino presencial, no que profesorado e alumnos interaccionan, e a distancia, onde se atopan separados, e a interacción se levará a cabo grazas a algún elemento tecnolóxico.

Polo tanto estaremos ante uns sistemas baseados principalmente en modelos participativos e colaborativos, apoiados por recursos educativos a través de internet.

ASPECTOS A TER EN CONTA

En primeiro lugar os recursos audivisuais e informáticos que utilice o profesor, deben ser percibidos máis que como elementos técnicos, como elementos didácticos e de comunicación. Isto levaranos ao seguinte:

-Calquera tipo de medio desde o máis complexo ao máis elemental, é un recurso didáctico, só cando o proceso comunicativo no que nos atopemos o xustifique.

-O medio por si só non é determinante, o fundamental son as estratexias e técnicas didácticas que empreguemos sobre el.

-O profesor coas súas crenzas e aptitudes fronte aos medios, determinará as posibilidades que pode desenvolver no contexto educativo.

-Antes de pensar que medio imos utilizar, debemos preguntarnos:

Para quen?

Como o imos empregar?

Que pretendemos del?

-O medio está condicionado polo contexto psicolóxico, físico, organizativo e didáctico.

-Os medios son transformadores da realidade, nunca a realidade mesma.

-Os medios polos seus sistemas simbólicos e forma de estruturalos, determinarán diversos efectos cognitivos nos receptores, propiciando o desenvolvemento de habilidades específicas.

-A alumna/o non é un procesador pasivo da información, senón que é activo, de xeito que coas súas actitudes e habilidades determinará posible influencia cognitiva do medio.

-Os medios por si sós non provocan cambios significativos, nin na educación, nin nos procesos de ensino-aprendizaxe.

-Non existe o “supermedio”. A súa utilidade depende da interacción dunha serie de variables e dos obxectivos que se persigan. Isto lévanos á necesaria complementariedade e interacción de medios. Polo tanto son só uns elementos didácticos máis, que só terán sentido, dependendo da planificación curricularrealizada polos docentes para a súa práctica diaria.

As T.I.Cs. poden ser por unha parte instrumentos atractivos que motiven ao alumno e por outra parte facilitadores do ritmo individual da aprendizaxe dos alumnos.

INCORPORACIÓN DAS TIC. Á AULA

Podemos seguir estes pasos:

®Perder o medo ao ordenador, no sentido de que saiba utilizalo dunha forma rendible desde o punto de vista escolar.

®Ter en conta que as reformas da metodoloxía educativa son moi sutís e levan o seu tempo.

®Estarán integradas en todas as áreas do coñecemento.

®Incorporalas dunha forma natural, que se convirtan nun instrumento didáctico máis.

UNHA AULA NON SE MODERNIZA SÓ POR TER ORDENADORES. SON UN RECURSO MAGNÍFICO, PERO HAI QUE SABER UTILIZALOS DIDÁCTICAMENTE”

Distribuir contido


by Dr. Radut