Skip to Content

Renovación consello escolar

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR, NOVEMBRO 2018

 NOTA: Todos os enlaces activos están actualizados

ELECCIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR (2018) Candidatos/as electos

  • Resolución do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

  • O obxecto desta disposición é fixar as datas para a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar, así como ditar instrucións para o seu desenvolvemento.

  • A organización e supervisión deste procedemento de elección, regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, correspóndelle á xunta electoral que estará constituída polo director do centro, un mestre ou mestra, un pai, nai ou titor/a legal e un representante do persoal de administración e servizos; designados os tres últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.

  • Este sorteo farase o día 30 de outubro, ás 10:00 horas, na sala de xuntas do centro, para logo constituírse a xunta electoral o día 6 de novembro, ás 12:30 horas. (Circular Informativa á comunidade educativa)

  • De conformidade co establecido no artigo 31 b) do Decreto 92/1988, do 28 de abril, é competencia da xunta electoral concretar o calendario electoral.

  • Proclamación candidatos/as, sector pais/nais-titores, titoras legais. (non operativo)

ACCESO AO CALENDARIO ELECTORAL (A partir do 6 de novembro)

 

 

 

XENERALIDADES

  • Os censos electorais estarán expostos no taboleiro do centro a partir do 6 de novembro.

  • Son electores e elixibles todos os membros da comunidade escolar, pero cada membro só poderá ser candidato por un dos sectores da comunidade escolar.

  • Os/As que queiran presentar a súa candidatura poden recoller as papeletas na secretaría do centro durante os recreos.

  • O voto será directo, secreto e non delegable.

 

 

 

 

 

PROFESORES/AS

  • En COMISIÓN DE SERVIZOS, son electores e elixibles no centro onde exercen a súa función docente e no caso de compartir varios, exercerán o dereito no centro base.

  • SUBSTITUÍDOS, son electores e elixibles se teñen permiso inferior a seis meses.

  • SUBSTITUTOS, non son electores nin elixibles.

  • LIBERADOS SINDICAIS PARCIAIS E/OU TOTAIS, son electores e elixibles.

  • De RELIXIÓN, son electores e elixibles se teñen nomeamento outorgado pola Consellería de Educación e O.U. con independencia das horas que impartan e se comparten varios centros, exercerán o dereito no centro base.

  • O profesorado reunirase en claustro extraordinario e a mesa electoral que se constitúa durante este claustro estará integrada polo director do centro, que actuará como presidente, e os profesores/as de maior e menor idade, actuando este último como secretario/a.

 

 

 

 

PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS

  • Son electores e elixibles o PAI e a NAI.

  • O censo electoral estará exposto no taboleiro de anuncios do centro para a súa comprobación e posibles reclamacións.

  • A mesa electoral estará constituída polo director do centro, que actuará como presidente, e catro pais, nais ou titores legais, designados por sorteo público entre os que non se presenten como candidatos e actuando como secretario/a o de menor idade. Preverase o nomeamento de suplentes, designados tamén por sorteo.

  • O devandito sorteo celebrarase o 19 de novembro, ás 12:30 horas.

  • A votación terá lugar o 27 de novembro, na sala de xuntas do centro, desde as 14:30 horas ata as 16:30 horas.

  • Cada elector deberá acreditar a súa personalidade mediante a presentación do documento nacional de identidade ou calquera outro documento acreditativo.

 

 

 

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

  • Neste grupo están incluídos todos os que prestan servizos no centro e están vinculados cunha relación xurídica, administrativa ou laboral coa Consellería ou co Concello.

  • A mesa electoral estará constituída polo director, que actuara como presidente, o secretario do centro e o membro do citado persoal de maior idade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut