Skip to Content

Club de Lectura

 

CLUB DE LECTURA “BIBLIOPONTE” 

O equipo de biblioteca do C.E.I.P: “A Ponte” organizou un club de lectura co alumnado de 6º curso de primaria por consideralo unha valiosa ferramenta para suscitar entre o alumnado o interese pola lectura nun ambiente relaxado e dinámico, relacionado directamente co pracer de ler, de experimentar e de divertirse lendo, compartindo cos propios compañeiros  esta valiosa experiencia. Fomenta o diálogo e a socialización dos participantes, xa que se basea no debate e na contraposición de ideas, axudando a poñer en valor puntos de vista distintos ao propio.  

ACORDOS BÁSICOS 

1.- Respectar as opinión alleas. 2.- Respectar as quendas de intervención 3.- Coidar os libros: non manchar, non romper, nin subliñar. 4.- Rematar a lectura do libro no prazo convido. 

LIBROS

 1.- Viaje al centro de la tierra. Julio Verne.

2.- Poesía de Rosalía de Castro.

3.- Los hijos del capitán Gran. Julio Verne.

4.- Á lus do candil. Anxel Fole.

5.- A laranxa máis laranxa de tódalas laranxas. Carlos Casares.

6.- Cartas de inverno. Agustín Fernández Paz.

7.- Biografía de Julio Verne.

8.- El 35 de mayo. Erich Kästner

9.- Biografía de Ghandi. 

CINE E LITERATURA 

As obras literarias que teñan película adaptada ao cine, primeiro lerase  e comentarase a obra e despois proxectarase a película baseada no libro e na seguinte reunión debatirase a película.

 TEMAS 

 Este curso lerase narrativa, teatro, biografía e poesía. Os libros foron escollidos en reunión previa e en consenso da totalidade dos integrantes do club. Serán aportados pola biblioteca, por compra ou por préstamos doutras bibliotecas. Os idiomas: galego e castelán. 

TEMPORALIZACIÓN

 As reunións serán unha vez ao mes nunha sesión dunha hora de duración, nun contorno que invite á lectura e á reflexión, colocándose todos os membros en círculo para poder verse as caras. O lugar, a biblioteca do centro.

 



page | by Dr. Radut