A BIBLIOTECA, MOTOR DE PROXECTOS E DINAMIZADORA DA VIDA CULTURAL DO CENTRO |
|
|
|
A biblioteca escolar do CEIP “A Ponte” pretende ser un centro de información, documentación e recursos que dea servizos a todos os membros da nosa comunidade educativa. |
|
|
|
Organiza de forma centralizada a través do “Proxecto Meiga”, dependente da Consellería de Cultura, todos os documentos impresos, audiovisuais, dixitais e outros recursos para a aprendizaxe. |
|
|
|
É xestionada por mestras e mestres bibliotecarias/os e quere dar resposta, a través de infraestruturas, recursos e servizos de calidade, ás necesidades educativas, informativas, culturais, de investigación e recreativas da comunidade educativa. |