Skip to Content

Modelo de biblioteca

 

MODELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR:

 

 

 

Entendemos a biblioteca escolar como un novo espazo educativo que prové de recursos curriculares aos alumnos e ás alumnas, profesores e profesoras e tamén ás familias, facilitando oportunidades para a aprendizaxe, o enriquecemento persoal e comunitario, así como o lecer e a creatividade.

 

 

 

É un servizo prioritario, común do centro, que se presta á comunidade educativa para cumprir os fins do proxecto educativo do centro.

 

 

 

As actividades da nosa biblioteca intégranse plenamente nos procesos pedagóxicos do centro e recóllense, polo tanto, no proxecto educativo do centro, no proxecto curricular, na programación xeral anual e na memoria de fin de curso.

 

 

 

Debe relacionarse co seu contorno social e cultural, polo que colaboramos con outras bibliotecas tanto escolares como públicas.



page | by Dr. Radut