EDUCACIÓN FÍSICA

A CACHIZA

  A CACHIZA

Coa chegada do bo tempo e a invitación do CLUBE CORREDOIRAS  baixamos ao campo da Estacada  o xoves 18, o venres de 19 e o martes 23 de maio para xogar A CACHIZA. Ao chegar estabanos esperando Begoña, Jose, Carolo, Novas e Charri para explicarnos e compartir con nós a súa afección.

 

Subdividíronnos en grupos para que as roldas foran máis rápido e logo repartiron as CACHIZAS( pau pequeño) e os PALÁNS ( pau grande co que se golpea ao pequeno) e dixéronnos que tiñamos que intentar chegar en 4 golpes ata o varado( paus verticais en forma de portería por onde ten que pasar a cachiza). Puxémonos máns a obra e pouco a pouco cun chisco de puntería e algo de técnica foinos saíndo cada vez  mellor.

 

Os primeiros en baixar foron os de 5º de Primaria, logo os de 4º e deixamos para o venres os de 6º e 3º.

 

A verdade e que aprendimos algo máis sobre este xogo tradicional que dende o 2020 é considerado un DEPORTE máis. Este realízase nun campo de 50x20m. e o material que emprega son: cachizas de entre 15-25 cm. e paláns de entre 50-60cm. de longo, feitos de distintos tipos de madeira( toxo, sabugueiro...). O obxectivo final é que a cachiza pase polo varado. 

 

 

 

Os que o practican din que engancha e a nós serviunos para pasar unha mañá difente probando algo distinto que forma parte da nosa tradición máis antiga.                                              GRAZAS Clube Corredoiras por convidarnos.

CHAPUZANDO NA PISCINA

  

No terceiro trimestre o alumnado do e ciclo decidimos  facer unha visita ás instalacións da Piscina Municipal de Bueu. Cargamos a mochila ao lombo, cun bañador, unha toalla, un gorro... e aló fomos todos-as xuntos-as andando ata a piscina.

Os primeiros en baixar foron os de de E. Primaria, o luns  en dúas quendas.

O mércores tocoulles a vez ós maiores, os de E. Primaria.

O xoves os de e para rematar esta tanda o luns 24 cos máis pequenos os de de E. Primaria.

 

 

 

Para algúns era a súa primeira vez e os nervos afloraban. Ao chegar distribuíronnos en dous vestiarios onde nos preparamos para mergullarnos e gozar da auga quente. Alí un monitor explicounos como realizar a respiración baixo a auga, que estilos había, como lanzarnos, por onde tiñamos que facer o percorrido.... Rematamos a actividade cun xogo e a recollida do material. Só nos quedaba darnos unha ducha para sacar o cloro, cambiarnos e voltar secos ao colexio para seguir co resto das clases. Esperamos poder repetir outro día. Grazas DiegoCristian e Ana. 

 

CLUB MAR DE BUEU

O club de remo Mar de Bueu invitounos a visitar as súas instalacións e o venres 17 de novembro, aínda que chovía un chisco, collemos paraugas, chuvasqeiro e para aló fomos todos-as xuntos. Saímos andando por quendas, primeiro os de 5º de Primaria e logo os maiores do cole, os de 6º de Primaria.

 

 

Cando chegamos estábanos esperando Valente, Fátima e Iría que nos ensinaron todas as instalacións e como se podían empregar as distintas zonas e aparatos dos que dispoñían. Dividíronnos en tres grupos para ir rotando polos distintos espazos. 

 

Explicáronnos as partes fundamentais dun remo: pa, caña, tope e guión e o estrobo corda para agarralo ao tolete así como os distintos tipos de embarcacións según as categorías. Tamén onde fan os seus exercicios físicos e o foso onde practican en seco as distintas posicións e o manexo dos remos.

 

 

 

Gustounos moito coñecer algo máis deste deporte e disfrutar cos compañeiros-as dunha camiñada polo pobo preto do mar. Grazas Club Mar de Bueu.

 

DESCUBRINDO O BALONMÁN

 

O luns día 7 de novembro viunos visitar Diego, un exalumno do colexio, en representación do Club Balonmán Bueu e a través do programa Xogade. A súa proposta era darnos a coñecer un pouco máis este deporte e por iso ofreceuse a organizar un par de sesións para os nenos-as de 4º de Primaria durante catro semanas seguidas. Ensinounos como agarrar e botar correctamente a pelota, os tipos de lanzamentos e pases que hai e algunha que outra regra para movernos axeitadamente pola pista. A verdade é que aprendemos un montón de cousas.

 

 Foi un experiencia moi DIVERTIDA e resultou XENIAL. Grazas Diego volve cando queiras.

O MAGOSTO

 

Un ano máis  cando chega oSan Martiño trompos ó camiño contamos coa visita dalgún dos compoñentes  da asociación Corredoiras e as castañas asadas de Ramón.

 

 

Veñen para  ensinarnos o seu valioso TESOURO,  a recomplilación de xogos populares e tradicionais da nosa cultura e doutras, moitos dos cales xa xogaban os nosos pais-nais, avos-as… noutros tempos.

 

 

 

Algúns destes xogos xa non se constrúen e son moi difíciles de atopar, pero aínda nos seguen  entretendo e divertindo a todos-as.

Grazas Correidoras polo voso tempo e por facernos pasar unha mañá diferente e moi divertida. Esperámosvos  para o vindeiro ano.

 

 

BENVIDA

Estimadas familias:

Benvidos-as a un novo curso no que retomamos a normalidade de anos anteriores. Este ven condicionado pola implantación en 1º, 3º e 5º de Primaria da nova lei educativa, a LOMLOE, o que suporá cambios para todos-as. Neste curso, o proxecto de centro a traballar ao longo de todo o ano será o Xogo, co lema "Moito máis que xogo". Con el pretendemos descubrir, experimentar, practicar e atopar todo aquilo que nos poden aportar os xogos no proceso de ensino-aprendizaxe. E sen máis comezamos un curso cheo de sorpresas lúdicas que esperamos que sexa para todos-as como un xogo de nenos-as.  

Na parte de abaixo no arquivo adxunto, deixamos información sobre a área de Educación Física e normas de funcionamento xeral relativas as nosas clases.

                          Os-as mestres-as de Educación Física.

SAÍDAS Á NATUREZA

Para rematar este curso e coa chegada do bo tempo, animámonos a realizar fóra do centro diferentes andainas pola contorna.

Disfrutamos da senda do río Bispo, onde ademais de exercitar os músculos das nosas pernas, tamén descubrimos algo máis sobre a vexetación propia da zona.

Algúns fomos para arriba cara a Portela e atopamos polo camiño siñais que nos indicaban que iamos polo bo camiño.

Outros fomos para baixo cara o centro de Bueu e fixemos unha parada técnica no campo da Estacada.

Cos nenos/as de 2º de Primaria fomos ata á praia da Bando do Río, onde disfrutamos xogando todos xuntos dunha xornada diferente. 

 

 

E con isto dimos por rematado o curso. Gozade destas merecidas vacacións e esperámosvos a todos/as o vindeiro curso para seguir explorando as posibilidades do noso corpo.

Os-as mestres-as de Educación Física.

BENVIDA Ó CURSO 2021-22

                                             

Estimadas familias:

Benvidas a un novo curso no que o noso centro celebrará o 50º ANIVERSARIO da súa creación. Como xa sabedes, a situación da pandemia aínda que mellorou non nos permite unha normalidade completa, polo que continuaremos aplicando as medidas do PROTOCOLO COVID que podedes consultar na páxina web do centro ou neste enlace. Tamén  tedes na icona do clip un arquivo adxunto coa información sobre o MATERIAL e NORMAS de funcionamento xeral relativas a nosa área.

Esperamos que entre todos-as sexamos quen de facer deste curso un ano digno da súa celebración.

                                                     Os mestres de Educación Física

ORIENTACIÓNS E.FÍSICA CURSO 2020-21

Benvidos-as a un novo curso un tanto diferente no que todos-as teremos que adaptarnos a unha nova realidade, marcada polas instrucións recollidas no protocolo Covid elaborado polas autoridades sanitarias e educatrivas. No arquivo adxunto deixamos algunhas orientacións e o material específico de E. Física.

            Bo comezo de curso para todos-as.

EDUCACIÓN FÍSICA NO CONFINAMENTO

Estamos xa na última semana desta nova NORMALIDADE que nos tocou vivir debido ó COVID-19. Grazas ao ESFORZO de todos-as conseguimos chegar ao final e rematar este curso un tanto diferente. AGRADECER a tódolos-as NENOS-AS e tamén as súas FAMILIAS o interese en seguir as propostas semanais de EDUCACIÓN FÍSICA e esforzarse en poñerse ao día nas novas TECNOLOXÍAS coas dificultades que iso supuxo. Na seguinte presentación déixovos un resumo das TAREFAS realizadas ao longo destas semanas. Espero que vos GUSTE e agora toca descansar. Preme na imaxe para ver a presentación.

 BO VERÁN

Distribuir contido