blogue deAmalia Omil

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Por fin chegou o día máis desexado do ano!

O alumnado de terceiro e cuarto fomos,o pasado venres, 16 de xuño de excursión a Ourense.

Alí visitamos o castro de San Cibrao de Las, e logo as termas de Outariz.

Pasamos un día fantástico que será moi difícil que se borre da nosa memoria.

A continuación podedes  ver os vídeos  coas fotos da xornada. 

 

VISITA AO COMPOSTEIRO MUNICIPAL

O pasado venres, fomos visitar un dos composteiros municipais guiados María, enviada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa REVITALIZA.

María animounos a compostar os residuos orgánicos que producimos nos nosos fogares. Foinos indicando como tiñamos que facelo e lembrounos por que era importante.

Esta visita queda perfectamente enmarcada dentro do proxecto de Ecosistemas, que aínda que xa rematamos, consideramos que é importante seguir incidindo pois queremos converternos en persoas ECORRESPONSABLES.

Aproveitamos a saída para xogar un ratiño no parque da tirolina.

Isto vai cheirando a fin de curso!

 

REUNIÓN DE FIN DE CURSO

Como prometemos na reunión realizada hoxe, colgamos neste blog a presentación da mesma.

Preme na imaxe para abrila.

LETRAS GALEGAS 2023

Este ano o autor homenaxeado é:

 Francisco Fernández del Riego. 

Dende hai xa un tempo comezou o concurso QUE SABES DE? consistente en cada semana fannos unha pregunta sobre o autor e nós temos que meter a resposta nunha urna.

No cole fixemos un precioso mural no que todo alumnado do colexio puxemos o noso gran de area.

O alumnado de terceiro fixemos unhas artísticas caricaturas, e como nos quedaron tan chulas queremos compartilas con todos vós.

 

 

 

GAMIFICANO ECOSISTEMAS

Como xa contamos en anteriores entradas, o alumnado de terceiro estamos desenvolvendo un proxecto  sobre ecosistemas.

Encántanos os proxectos, pero este foi moi especial  porque   investigamos  xogando por equipos.

As nosas mestras  propuxéronnos 5  probas. Se acadábamos a información suxerida, dábannos unha sílaba dunha palabra secreta.

Sabedes cal  era a palabra?

ECOSISTEMA

Pero aínda nos quedaba o mellor: Unha proba de localización co mestre de E. Física.

Tivemos que buscar polo patio as letras dunha mensaxe oculta que resultou ser un premio.

CINE NA AULA

A verdade é que xogando aprendemos máis e mellor.

CHAMADA DE SOCORRRO DE PAPIRUS!

O alumnado de terceiro, recibio este xoves esta misteriosa carta de Papirus:

 

Por correo tamén chegou esta con pictos:

Así que estas vacacións moitxs imos investigar coas nosas familias. Todo o que faga falta para axudar a nosa benquerida mascota.

Queremos ademais saber máis cousas sobre ECOSISTEMAS,  así que decidimos que despois de vacacións faremos un proxecto sobre este tema.

 

 

 

 

DÍA DA METEOROLOXÍA

No día da meteoroloxía o alumnado de terceiro queremos compartir nesta páxina algunha das cousiñas que fixemos no proxecto que levamos a cabo sobre este tema no segundo trimestre.

Empezamos por un podcast que fixemos sobre refráns meteorolóxicos.

 

Construímos algúns aparellos meteorolóxicos como un anemómetro e un cataventos. Aquí están as protagonistas:

Investigamos tamén sobre todos estes aparellos meteorolóxicos, sobre cambio climático, buratos da capa de ozono, quecemento global, efecto invernadoiro. Tamén sobre a activista Greta Tungberg, ou sobre fenómenos meteorolóxicos adversos como furacáns, ciclóns, secas, inundacións. Interesantísimas as investigacións sobre fenómenos curiosos como a aura boreal, nubes luminiscentes, neve rosa...

Confeccionamos un libro que agora circula por todos os fogares e que logo formará parte da nosa biblioteca de aula, e que podedes ver facendo clic a continuación:

LIBRO 3ºB

LIBRO 3ºA

DÍA DA ÁRBORE

A chegada da primavera tróuxonos tamén a celebración do día da árbore. 

O alumnado de terceiro aproveitamos a ocasión para facer un roteiro polo río Bispo e ver como van medrando as nosas árbores. 

A verdade é que nos enfadamos moito ao comprobar que moitas foran arrincadas.

Tamén nos emocionamos cando encontramos árbores que plantáramos nós mesmas e que estaban medrando sás e fortes.

Encantaríanos que vos animarades a dar paseos paseos pola beira do río bueués e nos axudárades a protexer estas arboriñas porque todo o que nos aportan é bo.

 Esperamos que desfrutedes co seguinte vídeo coas imaxes deste inesquecible día.

 

 

FELIZ COMEZO DE PRIMAVERA!

DÍA DA POESÍA

A chegada da primavera coincide coa celebración do día do libro. O alumnado de terceiro aproveitamos para empezar a ler o libro ANIMALARIO DE LER A DIARIO  de Eduard Velasco.

E a mellor maneira de comezalo foi a recitación conxunta do primeiro poema. Mirade que ben o fixemos!

 

PROXECTO DE METEOROLOXÍA 3º PRIMARIA

Aproveitando que o alumnado de terceiro desenvolvemos un proxecto de meteoroloxía no comezo do segundo trimestre, visitamos a caseta meteorolóxica durante todo o mes de xaneiro.

 

Cada día tras comprobar os parámetros de temperatura, presión atmosférica, humidade e precipitación iamos rexistralo no recunchode meteoescolas.

Empezamos a familiarizarnos cos climogramas e construímos un por cada semana.

Tivemos a sorte de rexistrar o acontecido por dúas borrascas: GÉRARD e HANNELORE, que nos permitiron recoller no pluviómetro precipitacións de máis de 30 ml. Tamén comprobamos que  a diferenza entre a temperatura máxima e mínima era moi pequena.

As dúas últimas semanas o tempo cambiou por completo. Estivemos dominados por un anticiclón que trouxo o tempo moi seco pero con temperaturas mínimas moi baixas e máximas sorprendentemente altas. Fixádevos como cambiou o climograma.

 

Durante este proxecto, investigamos sobre moitos aspectos tan de actualidade como cambio climático, quecemento global, burato da capa de ozono ou efecto invernadoiro. Tamén indagamos sobre fenómenos atmosféricos extremos como furacáns, ciclóns, tornados, secas ou inundacións. Encantounos saber sobre acontecementos meteorolóxicos misteriosos como nubes luminiscentes, auroras boreais, neve rosa, chuvia de animais… ou descubrir quen inventou o pluviómetro, o termómetro, o barómetro ou anemómetro.

Distribuir contido