En galego!

LETRAS GALEGAS 2.018

 

ESTE ANO A REAL ACADEMIA GALEGA ESCOLLEU COMO AUTORA HOMENAXEADA A Mª VICTORIA MORENO MÁRQUEZ.

PARA OBTER INFORMACIÓN SOBRE A SÚA VIDA E OBRA PREME NA IMAXE.

CONTACONTOS

Os alumn@s de Infantil, primeiro e segundo de Primaria participaron  nunha sesión de contacontos na biblioteca da nosa escola.

ROSALÍA DE CASTRO

O 23 de Febreiro festexamos na nosa escola o día de Rosalía de Castro con música e poemas da escritora.

Preme na imaxe de Rosalía de Castro para escoitar o poema "Negra Sombra" versionado por Luz Casal e Carlos Nuñez.

 

A RITMO DE TINTUREIRA! ESTILOS MUSICAIS

Este ano estamos a traballar no colexio o tema da MÚSICA, baixo o lema A ritmo de Tintureira!. 

Os nosos compañeir@s de 6ºprimaria ao longo de todo o curso escolar presentarán na biblioteca do centro distintos estilos musicais. 

MÚSICA POP

 

QUE É?

O POP é un xénero musical que xurdíu do rock nos anos sesenta no Reino Unido e Estados Unidos.

A QUE DEBE O SEU NOME?

A palabra POP ven da expresión inglesa “popular music” e non era entendida como un xénero musical con características propias, senón que era entendida como o contrario á música de culto, á música clásica. O POP entendíase como ese gran grupo de música para a xente de escasa cultura musical. Co tempo o POP foi gañándose moitos seguidores, polo que xa se considera un xénero musical independente.

Derivados do POP podemos falar de subxéneros como o INDIE POP, POP COMERCIAL, POP ELECTRÓNICO, POP TRADICIONAL, POP LATINO.

CARACTERÍSTICAS

A música POP caracterízase por composicións sinxelas, cunha estructura repetitiva e estribillos simples e pegadizos. As letras a miúdo, tratan sobre o amor, a amizade, ideas románticas e sobretodo como pasalo ben.

Artistas actuais destacados da música POP entre outros, Madonna, Enrique Iglesias, Michael Jackson, Shakira, Ricky Mártin.

 

 Aquí tendes un vídeo(preme na imaxe).

 

 

 

 

ALMANAQUE 2.018

Ano novo........Calendario novo.

Este ano o tema principal do noso calendario é a MÚSICA, e para a súa realización contamos coa colaboración de todos os alumn@os e profesor@s do noso colexio.

MAGOSTO 2.017

Este ano celebramos o magosto no parque forestal de San Miguel, como xa vén sendo tradición na nosa escola.

Xogamos, comemos as castañas asadas e para rematar tod@s xuntos cantamos "O rap do magosto".

SAMAÍN 2017

O día 31 de Outubro celebramos na escola "O samaín" e os nen@s de infantil e primaria tiveron unha sorpresa monstruosa:

Os seus compañeir@s de 6º de primaria na sesión de lectura e ataviados para a ocasión con disfraces, foron polas clases para contar e dramatizar uns contos moi especiais DE MEDO.

Tamén durante toda a semana decoramos a escola coas terroríficas cabazas que trouxeron as familias.

O RECHOUCHÍO Nº 15

Xa temos aquí o último número da nosa revista O Rechouchío.

Esperamos que vos guste!

CELEBRACION LETRAS GALEGAS 2017

O martes 16 de maio conmemoramos o día das Letras Galegas, nun ano adicado a figura de Carlos Casares.

Escoitamos a biografía da man dos nenos e nenas de 5º curso de Primaria.

Sensibilizámosnos co problema do acoso escolar grazas ao rap dos nenos e nenas de 6º curso, "Stop ao Bulling".

 

E puxémoslle voz e música ao libro

"A Galiña Azul" de Carlos Casares,

acompañados pola profesora de música.

 

 

 

 

Rematamos co exitoso Mercadiño de Libros Usados, ao cal este ano uniuse o alumnado de 6º curso, onde puxeron en  práctica os seus proxectos de aula  empresariais.

MAIS FOTOS DO DÍA NA "GALERIA DE FOTOS"

LETRAS GALEGAS 2.017.

Este ano a Real Academia Galega escolleu como autor homenaxeado a Carlos Casares Mouriño.

Para obter información sobre a súa vida e obra preme na imaxe.

Distribuir contido