3º Ciclo
PERCORRIDO POLA HISTORIA DA RÍA DE VIGO
Enviado por Chus o 20 Novembro 2019 - 8:39am
Os rapaces/zas de 5º e 6º de Primaria fixemos un percorrido o luns que nos desvelou todos os segredos da nosa ría: illas Cíes, ataques corsarios, personaxes ilustres vencellados a Vigo (Francis Drake, Julio Verne, Albert Einstein...) Unha grande sorpresa esperábanos na Praza do Rei: o mismísimo Sir Francis Drake estábanos agardando para percorrer parte do casco vello con nós e explicarnos os seus segredos. Rematamos na Casa da Cultura vendo un vídeo sobre a historia da ría de Vigo, que é realmente a historia da nosa cidade. Francis Drake e a guía da excursión despedíronse de nós, non sen antes desexarlle un feliz aniversario a unha das nosas alumnas. Foi divertidísimo! Voltaremos, seguro!
|
TROYA
Enviado por Chus o 8 Novembro 2019 - 11:45am
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º fomos o mércores ao auditorio Afundación a ver a obra de teatro "Troya". Foi moi divertida, amena e tratou temas de máxima actualidade. Encantounos! E aínda por riba, as profes felicitáronnos polo noso bo comportamento! Qué marabilla!
|
CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
Enviado por Manuela o 28 Septembro 2019 - 10:05pm
Con motivo da celebración da Semana Mundial contra o Cambio Climático este venres levamos a cabo un pequeno acto no colexio onde quixemos por de manifiesto o noso apoio e compromiso nesta loita.
|
TINTU CANTA!
Enviado por Manuela o 19 Septembro 2019 - 6:25pm
Antes de dar paso a un novo curso escolar queremos rematar o anterior con este pequeno agasallo a modo de agradecemento hacia a profe Nuria e a todos os participantes no coro Tintucanta 2019.
|
POLOS ---- 5º curso
Enviado por Anónimo o 19 Xuño 2019 - 11:52pm
BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!
Unha das últimas actividades que fixeron os nenos e as nenas de 5º curso foron estes simpáticos polos tan coloridos. Foi unha actividade complexa e chegamos a pensar que algún deles non sobreviviría! Velaquí o proceso: 1- Recortamos tira de xornal de 2cm aproximadamente e inchamos un globo.
2- Mesturamos cola branca con auga e pegamos coa axuda dunha brocha as tiras dende o nó ata o outro extremo. Debemos facer polo menos tres capas de xornal.
1ª capa: 2ª capa: 3ª capa:
3- Pintamolos con témpera. Debemos pintalos con dúas capas para tapar as letras do xornal.
4- Decoramos coa axuda de esponxas.
5- Enchemos a bola cun pouco de area para que faga que se quede de pé.
6- Decoramos con ollos, peteiro, cresta e patas empregando fieltro, cartolina e lá.
TACHÁNNNNNNNNNNNNNN!!
Uns verdadeiros artistas!!!
MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE! |
INICIAIS DE REVISTA ---- 6º CURSO
Enviado por Anónimo o 18 Xuño 2019 - 9:37pm
BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!
Os nenos e nenas de 6º fixeron as súas iniciais empregando follas de revista.
Velaquí o proceso: 1- Debuxar a súa inicial nun cartón de caixa de cerais e recortala. 2- A continuación, enrolaron follas de revista facendo tubiños do mesmo grosor e pegáronas con cola sobre o cartón ata cubrir toda a letra.
3- Para rematar, co cutter afinamos as formas e pegamos a inicial sobre unha cartolina metalizada. Faltan moitas por facerlle foto, pero non deu tempo coas presas. Síntoo.
MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!
|
Marcos de flores ----------- 6º curso
Enviado por Anónimo o 8 Xuño 2019 - 10:44am
BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!
Seguimos con máis flores!
Neste caso @s nen@s de 6º curso fixeron uns marcos de flores elaborados a partir dunha caixa de 12 ovos.
Velaquí o proceso: 1- En primeiro lugar, recortamos a caixa de 12 ovos empregando cada oco para unha flor. Coa tapa da caixa facemos as follas. 2- A continuación, pintamos as flores e as follas con témperas.
3- Pegamos unha boliña de papel de seda no centro das flores.
4- Pegamos con silicona quente os paus de madera facendo un marco, e por último, decorámolo coas flores e as follas.
O resultado é fermoso!
Agardamos que vos encanten!
MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!
P.D: Quedan fotos do resultado final por engadir á publicación. |
ÁRBORES QUEIMADOS de 5º curso
Enviado por Anónimo o 20 Maio 2019 - 7:46pm
BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!
Aquí volven os nenos e nenas de 5º curso cunha actividade, neste caso, relacionada co proxecto do cole "Botámonos ao monte". Pintaron unha árbore con cera negra coma se estivese queimada e os anacos de cores con acuarela. A actividade estaba pensada para mostrarlles que a cera é hidrofóbica (repele a auga) e así as acuarelas que son prácticamente auga non se mesturan. Quedaron fermosos!
Velaquí o proceso:
1- Pintamos con cera negra a árbore e as liñas de separación.
2- Pintamos con acuarelas de diferente cor cada un dos espazos.
3- Para rematar botámoslle unha capa de cola branca para que a cera non manche, e ademáis, dalle un mellor acabado.
Están expostos na entrada da aula de 5º.
MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!
|
PLANTACIÓN NO MONTE DE CORUXO
Enviado por Manuela o 23 Abril 2019 - 7:57pm
Xusto antes de coller as vacacións de Semana Santa todos os alumn@s, mestres e algunhas nais e pais da ANPA do colexio BOTÁMONOS literalmente ao MONTE! Nesta ocasión ao monte de Coruxo. Alí participamos nunha xornada matinal de reforestación co obxectivo de reforestar con árbores autóctonas toda a zona queimada polos graves incendios que afectaron a toda a nosa contorna, e desta maneira recuperar o noso monte. Acompañados por algúns integrantes da Comunidade de Montes de Coruxo plantamos carballos e castiñeiros, e colaboramos a eliminar os exemplares de eucaliptos que estaban a medrar na zona. Os máis pequenos recibiron ademais unha charla sobre os coidados e a protección do monte.
Xa tendes dispoñible o enlace as fotos deste día!
|
FAMILIA ANIMAL ------------- 6º curso
Enviado por Anónimo o 20 Abril 2019 - 11:07pm
BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!
Por fin podemos mostrarvos unha actividade de 6º curso que tiñamos moitas ganas de rematar! O reto consistía en convertir unha botella de plástico nun animaliño, creando volumes con papel de xornal e de cociña. O resultado foi moi fermoso e sorprendente. Estamos moi content@s co resultado!
Velaquí o proceso: 1º PASO: CREAR VOLUMES CON PAPEL DE XORNAL E CINTA ADHESIVA.
2º PASO: CUBRIR A BOTELLA CON ANACOS DE PAPEL DE XORNAL ENGADINDO UNHA MESTURA DE COLA E AUGA A PARTES IGUAIS.
3º PASO: ENGADIMOS UNHA CAPA UNIFORME DE PAPEL DE COCIÑA, SEN DEIXAR ZONAS RUGOSAS, PARA QUE A PINTURA QUEDE MELLOR.
4º PASO: PINTAMOS!
5º PASO: PERFILAMOS DE NEGRO CON PINCEL FINO.
FAMILIA ANIMAL!!!
Agardamos que vos encanten!
Estamos nas vacacións de Semana Santa, así que descansade ben para volver con moitas forzas!
MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »