Comedor
Campaña Comedor Escolar
Enviado por Manuela o 21 Marzo 2021 - 5:36pm
Participamos na II CAMPAÑA COME LOCAL O noso alumnado usuario do comedor degustará durante os próximos meses produtos agroalimentarios galegos recoñecidos co certificado de calidade.
|
COMEDOR A PAZ-TINTUREIRA
Enviado por Manuela o 11 Marzo 2021 - 8:17pmAMPLO COMEDOR E COCIÑA PROPIA
Enviado por admin o 7 Maio 2020 - 2:54pmPAGO TELEMÁTICO SERVIZO COMEDOR
Enviado por Manuela o 19 Septembro 2017 - 8:45pm![]() O pagamento do Servizo de Comedor pode ser aboado de maneira telemática a través da web da Consellería de Facenda, utilizando a oficina virtual tributaria. ENLACE á Oficina Virtual da Axencia Tributaria
Datos necesarios para cubrir o formulario: Consellería: 07-CULTURA, EDUCACIÓN E ORD UNIVERSITARIA Delegación: 40-PONTEVEDRA Servizo: 01-SECRETARÍA Taxa: 352800-COMEDORES ESCOALRES
Obxecto de pago: COMEDOR ESCOLAR CEIP A PAZ-TINTUREIRA MES: ....... Nº DÍAS: ......... NOME DO ALUMNO: ..................
|
PROCESO PAGO TELEMÁTICO
Enviado por Manuela o 18 Septembro 2017 - 4:53pm
EXPLICACIÓN DO PROCESO 1. Acceder á WEB e facer clic sobre INICIAR TAXA
2. Facer clic sobre o candado aberto.
3. Volver facer clic sobre INICIAR TAXA 3. Completar os datos segundo o explicado na entrada anterior. 4. Completar en SUXEITO PASIVO os nosos datos e a dirección de correo electrónico. Non é necesario cubrir o apartado de REPRESENTANTE.
Por último accederán a unha páxina onde deberán cubrir os datos da súa tarxeta de crédito para pagar de modo telemático. Ao final do proceso xerarase un arquivo pdf que farán chegar ao centro escolar (impreso, ou a través do correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es) En caso de que o proceso quede interrumpido por algún problema técnico poderán retomalo no punto en que o deixaron a través do código que lles chegará a dirección de email dada no paso anterior. Ante calquera dúbida non dubiden en consultar co centro educativo.
|
