CIRCULAR DE BENVIDA

 Reciban de parte do Colexio a benvida neste curso 2019-20 e algunhas informacións:

 

HORARIOS

Entrada:

9:15 h (apertura de portas ás 09:05)

Recreo:

11:45 a 12:15 h

Saída:

14:15 h

Comedor:

14:15  a 16:00h

Recollida do alumnado entre 15:15 e 16:00h

Saída autobuses: 15:30h

Actividades Extraescolares:

16 h

Titorías   (previa cita)

Martes de 18 a 19 h

Orientación (previa cita)

Xoves e Venres

Secretaría

Luns a Venres 09:15h a 10:00h

Venres 13:30h a 14:15h

 

Equipo Directivo:

Directora: Margarita Ojea Otero

Xefa de Estudos: Sofía Domínguez Martínez

Secretaria: Patricia López Álvarez

 

Apertura anticipada do colexio: As portas abriranse ás 09:05 horas, os nenos/as que non sexan usuarios de transporte escolar deberán permanecer baixo o coidado dos seus familiares ata ás 09:15h, momento de subir ás aulas.

Para as familias que o necesiten existe o Servizo de Madrugadores, xestionado pola ANPA, o que lles permitará deixar aos seus fillos a partir das 07:45 no centro escolar.

 

O horario das clases é obrigatorio para todos. Deben evitar retrasos pois as portas de entrada pecharanse pasados uns minutos despois das subidas das filas.

 

Os retrasos e as saídas en horario lectivo deben xustificarse por escrito ao profesorado, e sempre que sexa posible anuncialos con antelación. Ante faltas reiteradas e/ou inxustificadas por impuntualidade ou absentismo aplicarase o protocolo recollido no Plan de Convivencia do Centro.

 

Os nenos e nenas formarán filas nos lugares indicados para entrar co seu curso. Os familiares ou acompañantes non deben permanecer xunto as filas nin acompañar aos nenos/as ata as aulas.

Se algún pai/nai se ve na necesidade de acceder á aula do seu fillo/a, xa sexa para dar un recado ou levar ao neno/a médico, deberá pasar polo despacho de dirección. Non se pode acceder ás aulas unha vez iniciada a xornada lectiva.

 

SERVIZO DE COMEDOR

Pagarase sempre nos primeiros días de cada mes asistindo persoalmente á entidade bancaria cos impresos entregados polo colexio ou telematicamente, seguindo as instrucións da web do centro. Lembren que calquera cambio na utilización deste servizo debe ser comunicado ao centro. Por motivos de control e seguridade ós nenos/as que os recollan despois do servizo de comedor serán entregados polas monitoras na porta do cole a partir das 15:00h. Non está permitido o acceso ás familias o recinto escolar.

 

                                                        PERíODOS NON LECTIVOS

  • Nadal: desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive.
  • Entroido: días 24, 25 e 26 de febreiro de 2020.
  • Semana Santa: desde o día 4 ata o 13 de abril de 2020, ambos inclusive.
  • Días non lectivos: 31 de outubro (día do Ensino)  e  dous días pendentes de aprobación.
  • Remate do curso: 19 de xuño de 2020

 

Un saúdo:

Equipo Directivo e Claustro de Profesorado do CEIP A Paz