CHARLA PARA AS FAMILIAS

Desde o Departamento de Orientación gustaríanos agradecer ás familias a súa asistencia á charla celebrada onte no colexio titulada  "A familia como factor de protección fronte ás drogas".

Esta charla está incluída dentro do Programa de Prevención no ámbito familiar do Concello "Máis que un teito". Este programa ademais das charlas para as familias inclúe outras varias co alumnado de 6º de Educación Primaria en horario lectivo.

Lembrámoslles que a próxima charla para as familias terá lugar o martes 30 de abril, en horario de 17:00 a 18:30h, nesta ocasión o título da charla será "Resolución de conflitos".

Agardamos a súa presenza!