MANI-FESTA POLA PAZ

MANI-FESTA POLA PAZ 

Compañeiras e compañeiros:

Facemos esta mani-festa..., 

 si, mani-festa, en feminino,

e non manifesto*, en masculino,

porque este ano a festa manda

e xa o di un dito popular: 

Teñamos a festa en paz! 

 

Compañeiros, compañeiras, pensemos: 

 Que ven sendo unha festa?

Pois que todos xuntos empezamos

  a bailar, a rir e a celebrar.

 Nada menos e nada máis.

E por iso é que dicimos: 

Teñamos a festa en paz!

 

Sabemos que, polo mundo adiante,

toda a xente pensa igual.

A todo o mundo lle gusta

vivir en paz e festexar.

 Entón, por que hai guerras?

Para que loitar e pelexar? 

Teñamos a festa en paz!

 

E para ir xa rematando,

non temos máis

que lembrar o noso lema anual: 

Festexando e festexando

o ano vai pasando” .

E por iso todos xuntos temos que berrar: 

Teñamos a festa en paz!