Revista O RECHOUCHío nº 10

Aquí temos o nº 10 da nosa revista escolar "O Rechouchío", promovido polo Equipo de Normalización Lingüística do colexio. Nesta ocasión o fío condutor é o tema proposto pola Biblioteca escolar a través da Meiga Tintureira: "Habelas, hailas...".

Veredes moita información recollida polo noso alumnado sobre bruxas, meigas e outros seres lexendarios da mitoloxía galega. Tamén veredes reportaxes sobre as nosas celebracións, sobre outros temas traballados nas clases e algunha que outra sorpresa. Esperamos que vos guste.

Este ano notáronse os recortes e, por falta de cartos, non fixemos unha edición en papel. Repartiuse entre todas as familias do colexio en formato CD. Tamén pode visualizarse desde aquí como "revista virtual" premendo na palabra "Expand" que hai sobre a imaxe da revista.