Visítanos a Escola Infantil Lúa

  

O venres 2 de marzo visitáronnos os nenos e nenas de 2 anos da Escola Infantil Lúa como xa ven sendo habitual desde hai algúns anos.

Coñeceron o noso colexio e participaron en varias actvidades que lles prepararon especialmente: cancións, bailes e teatriño de monicreques feito por un grupo de 5º de Primaria. Despois merendaron chocolate con biscoitos e finalmente xogaron no areeiro cos nenos e nenas de Infantil do noso colexio.

Esperamos que lles gustase a visita  e que o vindeiro ano volvan máis. Máis información:

   Blogue da Meiga Tintureira

Entroido 2012

O 17 de  febreiro celebramos o Entroido.  Este ano todo xirou arredor dos seres imaxinarios e lexendarios.    Desenvolvéronse os seguintes actos:     

 De martes a venres: seguimos diariamente os recados que se lle ocorreron ao Meco.

Venres 17 de febreiro :   

  • Presentación do Entroido 2012 > ver o pregón
  • Presentación das comparsas de  todos os cursos
  • Desfile de Entroido
  • Xuizo e queima do Meco > ver as coplas do Meco
  • Xornada gastronómica

Todos estes actos contaron con numerosa presencia das familias do colexio que quixeron compartir con nós esta festa. 

   Ver álbum de fotos

Ver álbum de Brian

Nadal 2011

Estas foron as panxoliñas que cantamos todos xuntos (preme nos títulos):

 Álbums de fotos:

VIVIR EN IGUALDADE

Primeiro obradoiro de "Igualdade"

O alumnado de 6º de Primaria participou activamente no primeiro obradoiro do programa "Camiña con nós pola igualdade" organizado pola Concellería de igualdade" do Concello de Vigo.

Este obradoiro completarase con outros dous que terán lugar ao longo do curso.

Se queredes saber algo máis sobre este programa premede no logo

OBRADOIRO DE BIODIVERSIDADE

A Asociación Amigos da Terra realizou co noso alumnado unha serie de actividades encamiñadas a promover a alimentación local e ecolóxica. Estas actividades foron moi variadas: teatro de monicreques, plantación de sementes, charlas e presentacións audiovisuais, confección de murais... Estiveron con nós varios días e participaron todos os cursos do colexio.                         Ver fotos

CELEBRAMOS HALLOWEEN NO COLE...

Os alumnos de 5 anos celebramos Halloween no cole. Elaboramos unhas pantasmas e morcegos terroríficos. Esperamos que vos gusten!!!

Mirade máis fotos...

Os cursos 3º e 4º van ao teatro

O xoves 24 de novembro os cursos 3º e 4º de E. Primaria foron ao Auditorio Municipal para ver a representación da obra de teatro "E de maior quero ser..." representada pola compañía Caramuxo Teatro. Foi  un acto organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.                                 Máis información:        

Visita de 3º e 4º ao Museo Liste

O  xoves 17 de novembro os cursos 3º e 4º de Primaria vistaron en Vigo o Museo Etnográfico Liste, adicado a amosar diversos aspectos da nosa cultura e das formas de vida tradicionais de Galicia.

Ver álbum de fotos.

 Máis información: 

Visita de 5º ao Castro de Vigo

Os alumnos e alumnas de 5º curso de primaria visitamos o poboado celta do Castro de Vigo o pasado mércores 8 de novembro.

Foi unha visita moi interesante na que aprendimos moitas cousas dos nosos antepasados.

Mira esta reportaxe fotográfica:

Máis información:                 

 

Distribuir contido