REMATAMOS O TRIMESTRE CON "200 ROSCÓNS DE PASCUA" NUN OBRADOIRO MOI DOCE.

Fomos noticia con este obradoio tan doce, que nos organizou o noso estupendo equipo de cociña, coa nosa cociñeira Libia como promotora.

Mil grazas, porque foi un éxito e repetiremos os vindeiro anos.

CLICADE NO ENLACE PARA VER A NOTICIA: 

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2023/03/31/maestros-reposteros-cantera-85421910.html

Os últimos días de cole, fixemos un obradoiro de roscón de Pascua con todos os nenos e nenas do colexio. Que ben o pasamos todos!

Algún entrou no comedor, despois de lavar as mans, como se de un quirófano se tratase. Hixiene ante todo!!!

Qué ilusión! e canta creatividade nun roscón! Redondos, avalados, trenzados, bolos, con azucre, con moita azucre e con "unha poca" laranxa. No primeiro turno, case quedamos sen laranxas, e tivemos que racionalas nos seguintes.

Gracias infinitas a todos e todas os que fixéstedes posible este obradoiro: persoal de cociña, profesorado, alumnado, Iago e esas nais que sempre están para todo. Sempre da gusto mirar a toda a comunidade, remar cara o mesmo lado.

E nos queremos esquecernos, e dende a nosa cociña pedimos disculpas pola intromisión en tan laboriosa profesión. A dos traballadores e traballadoras dos obradoiros de panadarías e pastelerías, que estes días están cos fornos acendidos as 24 horas. Porque non queren que falte ningún roscón nas nosas casas. 

Esperamos que chegara algo as casas, e o pudideses saborear en familia. 

E Tamén houbo o premio do gran roscón... ¡NORABOA, DANI!

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/2024

Iníciase o proceso de admisión do alumnado para o curso 2023-2024.

 

PRIMEIRA FASE: RESERVA DE PRAZA

Prazo: 11 xaneiro-8 febreiro

Solicitude: Anexo I

Lugar de entrega: secretaría do noso centro

Dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria que vaia realizar 1º da ESO no curso 23-24 no noso centro adscrito, o IES Coruxo. Deberán entregar na secretaría do noso centro o Anexo I de reserva de praza cuberto e asinado.

Poden presentar tamén esta solicitude de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta. ENLACE

O alumnado que estea actualmente matriculado nalgún curso no noso centro e que non vaia cambiar de colexio, non necesita facer ningún trámite, a súa praza queda automaticamente reservada para o curso seguinte. Se desexan facer algún cambio con respecto a materia optativa relixión/valores, deberán solicitar este cambio no centro durante este prazo.

 

SEGUNDA FASE:  NOVA ADMISIÓN

Prazo: 1-20 marzo

Solicitude: Anexo II

Lugar de entrega: O centro de destino

Esta segunda fase vai dirixida ao:

- Alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO nun instituto diferente ao IES Coruxo.

- Alumnado dos distintos cursos do noso centro que queira cambiar de colexio.

- Alumnado que se escolariza por primeira vez: 4º Educación Infantil (3 anos)

 

Nas próximas semanas publicarase  máis información relacionada con este proceso de admisión.

MAIS INFORMACIÓN:  

www.edu.xunta.gal

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

No centro tivemos obradoiros, concerto con alumnado, familiares e Sabina unha das axudantes da nosa cocina, e baile. E por suposto, un riquísimo "caldo de gloria", no noso comedor.

Todo para celebrar o merecido día de Rosalía de Castro. 

  Aquí vos deixamos algúns videos da festa que tivemos.

 

 

ENTROIDO 2023

 O venres 17 de febreiro, celebramos o entroido no colexio. Este ano a temática común para disfrazarnos foi "Érase unha vez...a historia de ler".

 

 

DÍA DA PAZ 2023

Este luns, día 30 de xaneiro, celebramos o Día mundial da Paz e da Non Violencia. Como de costume, fixémolo todos xuntos cantando  e reivindicando a Paz no mundo a través dun fermoso manifesto que leron os nenos e nenas de sexto. Este ano a canción elixida foi “Viva a xente!”

Previamente decoramos as paredes do colexio con dous murais  creados coa palabra PAZ escrita en varios idiomas e texturas.

Ademais, os nenos e nenas visitaron a Biblioteca do centro onde puideron acceder aos libros e contos expostos no recanto dedicado á Paz, e cuxa lectura complementouse con diversas actividades realizadas nas aulas.

 

 

 

Este ano os encargados de dar lectura ao manifesto foron: Efrén, Gabriel, Noelia, Gael, Xoel e Aarón. Parabéns rapaces!

 

XA TEMOS DATAS PARA AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS.

 

 

As familias que esteades interesadas en visitar e coñecer o noso centro, de cara a matriculación para o novo curso 2023-2024, podedes facelo nas xornadas de portas abertas, que serán nas seguintes datas:

            MÉRCORES 8 DE FEBREIRO de 16:00h. a 17:00h.

            MARTES 14 DE FEBREIRO de 16:00h a 18:00h

Agradecemos que nos chamedes por teléfono para confirmar a visita, coa finalidade de organizar a visita para atendervos mellor, ao número de persoas que desexedes vir. 

Tamén, vos invitamos a coñecer o funcionamento do noso centro a través dos diferentes apartados desta web, onde podedes acadar información sobre as nosas instalacións, servizos que ofrecemos e algunhas actividades que desenvolvemos. Así mesmo, deixamos a dirección dalgún dos nosos blogues de interese, onde podedes ver máis actividades que desenvolvemos co noso alumnado: 

- Blogue da biblioteca:

  http://meigatintureira.blog 

- Blogue de Dinamización da Lingua Galega

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapaz/?q=taxonomy/term/78

 

O prazo de entrega das solicitudes de admisión, será do 1 ao 20 de marzo. Poderase recoller a documentación necesaria para iniciar o proceso, na secretaría do centro. Ou facelo por vía telemática, a través da aplicación "admisionalumnado" da sede electrónica da Xunta.

 

Nas próximas semanas publicarase máis información relacionada con este proceso de admisión, por se houbera algunha modificación.

MAIS INFORMACIÓN:  

 

www.edu.xunta.gal

 

Nadal 2022

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE TARXETAS SOLIDARIAS

 O alumnado de E.Infantil, 1º, 2º e 3º de E.Primaria participaron nun obradoiro de tarxetas solidarias para os nenos e nenas da aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro e para os maiores do Centro Residencial de Coruxo. Ambos quedaron moi agradecidos con esta iniciativa, e así nolo quixo transmitir a aula hospitalaria do Álvaro Cunqueiro a través da seguinte publicación, "Un contiño de Nadal".

 

 Máis información sobre esta actividade no blogue da Meiga Tintureira e no blogue da Aula Hospitalaria do Álvaro Cunqueiro. 

ARTIGO NO BLOGUE DA MEIGA TINTUREIRA

ARTIGO NO BLOGUE HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

ASÍ VAI SER A NOSA FESTA DE NADAL!!!

"GRAN FESTA DE NADAL"

XOVES 22 DE DECEMBRO

COA COLABORACIÓN DA ANPA

 

- TEATRO CODIA E MOILO CON "O APALPADOR E O SEU AXUDANTE"

(contratado pola ANPA)

De 10:00h. a 11:00h. o alumnado de Infantil a 2º de E.P. noa biblioteca do centro, e o alumnado de 3º a 6º no pavillón.

- VISITA DO PAXE REAL

De 11:00h. a 12:00h. o paxe Real visitará ao alumnado do centro para recoller as cartas e obsequiarlles cun pequeno agasallo.

- CAMPANADAS FIN DE ANO

Ás 13:00h. en infantil farase con 12 gusanitos e en primaria coas 12 uvas, que xa nos terá preparada a nosa ANPA.

- PANXOLIÑAS NAVIDEÑAS

Co alumnado de 3º E 4º de E.P. a panxoliña das "Campás" e con todo o alumnado de primaria cunhas panxoliñas en inglés.

 

 

Distribuir contido