LA CAJITA DE MI VIDA

Na aula de 3 anos disfrutamos durante o 1º trimestre das visitas de todas as familias coa actividade "A CAIXIÑA DA MIÑA VIDA". Esta é unha mostra, esperemos que vos guste!!!!

CELBRACIÓN DÍA DA PAZ 2019

Desde o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data conmemórase a morte de Gandhi, a quen curiosamente non lle foi nunca concedido o Premio Nobel da Paz.

Un ano máis no colexio celebramos esta festividade con traballos de aula e diversas actividades plásticas e musicais.

O noso mural de centro  transformouse nun “Botámonos ao Monte pola Paz” decorado cos adornos feitos por todos os nenos e nenas do colexio.

No ximnasio, xa que o bo tempo non nos acompañou, os nenos e nenas de 6º curso leron un manifesto pola paz e distintos poemas e citas sobre a Paz.

MANIFESTO POLA PAZ (6º Curso)

Finalmente cantamos todos xuntos tres cancións centradas na Paz, o Amor e a Amizade.

Como as familias nesta ocasión non puidestes asistir deixámosvos este vídeo sobre a celebración do día. Esperamos que vos guste!

 

“Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo”

Malala Yousafzai (Premio Nobel  da Paz 2014)  

NADAL 2018

A semana pasada celebramos o Nadal no colexio, neses días decoramos o colexio con árbores e adornos de Nadal preciosos...

... visualizamos un espectáculo de maxia e música organizado pola ANPA ...

...comemos turrón e roscón, e visitounos o Paxe Real.

 

As familias acompañáronnos o venres, e para elas os nenos e nenas interpretaron as panxoliñas que con tanto estusiasmo estiveran preparando durante días.

 


 

 

Grazas a tod@s pola vosa participación e asistencia un ano máis!

 

Galego: Na Casa da Miña Avoa

Castelán: En Navidad

Inglés: Rockin' Around The Christmas Tree 

 

 Felices Festas e Próspero Aninovo!

O profesorado do Ceip A Paz-Tintureira

MAGOSTO 2.018

O MES DE NOVEMBRO É TEMPO DE CASTAÑAS... E PARA CELEBRAR A TRADICIONAL FESTA DO MAGOSTO, O MARTES 14 NO PATIO DO NOSO COLEXIO DEGUSTAMOS AS CASTAÑAS ASADAS, BAILAMOS E XOGAMOS.

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PAIS/NAIS CONSELLO ESCOLAR

Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR faise pública os nomes dos candidatos que se presentan á referida elección:

1. AIDA COSTAS GIL

2. CARLOS VIÑAS VÁZQUEZ

MAIS INFORMACIÓN

SAMAÍN 2018

CHEGOU O OUTONO E CON ÉL AS CASTAÑAS, OS CALACÚS, O FRÍO... E O TEMPO DE SAMAÍN.

PARA CELEBRALO FIXEMOS UNHA CHEA DE ACTIVIDADES: DECORAMOS A ESCOLA, PREPARAMOS A EXPOSICIÓN DE CABAZAS FEITAS POLAS FAMILIAS, PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO DE MEDO, NA BLIBIOTECA DESCUBRIMOS O RECUNCHO DE SAMAÍN  E O 31 DE OUTUBRO ESCOITAMOS OS CONTOS DE MEDO QUE ESTIVERON PREPARANDO OS NOSOS COMPAÑEIR@S DE 6º EN DÍAS ANTERIORES.  TAMÉN ESTE DÍA OS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL TIVERON UNHA MERENDA NA QUE NON FALTARON OS PRATOS MÁIS TERRORÍFICOS!!!. 

 

 

 

LIBROS DE MEDO: SE QUEREDES SEGUIR TREMENDO DE MEDO, O CONSORCIO EDITORIAL GALEGO VEN DE FACER PÚBLICO UNS CARTEIS CON INFORMACIÓN SOBRE PUBLICACIÓNS DE LITERATURA INFANTIL.

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Achegámoslles información sobre o proceso de elección dos representantes de pais, nais e titores legais ao Consello Escolar do noso centro.

O prazo de presentación de candidaturas será ata ás 14:00h do día 15 de novembro.

ENLACE Á INFORMACIÓN

 

ABRAZAMOS O MONTE

 Baixo o lema "Abrazo o monte", no día de hoxe, os nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria do noso colexio participaron nunha xornada de convivencia xunto con outros 8 colexios de Vigo no monte de Sobreira e dos Pozos.

Durante esta convivencia os nenos e nenas, uns 1300 escolares, levaron a cabo unha simbólica plantación de carballos nunha das zonas seriamente afectadas polos incendios ocorridos o 15 de outubro do ano pasado. 

 

Con este xesto, e coas outras actividades que se realizaron hoxe, buscábase reivindicar a importancia do coidado do medio natural, en especial o coidado do noso querido espazo forestal, amosando ao mesmo tempo o noso rexeitamento cara aos incendios.

Unha información máis detallada do día de hoxe pode atoparse no seguinte enlace:

http://montesdevigo.blogspot.com

e visitando a nosa GALERÍA DE FOTOS

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

A esperada Carta da Meiga Tintureira chegou esta semana ao colexio, e con ela as diferentes actividades que daban lugar a inauguración da Biblioteca.

 

No blogue da Biblioteca atoparedes máis información sobre esta inauguración, animádevos a visitalo premendo na imaxe da Meiga.

 

 A partir do luns,  día 22 de outubro, iníciase o servizo de préstamo de libros, tamén en horario de tarde, agás os martes.

GALERÍA DE FOTOS

CIRCULAR DE BENVIDA 2018-2019

Dámoslles a benvida a un novo ano escolar!

Pasamos a informarlles dalgúns aspectos a ter en conta durante este curso.

 

Equipo Directivo:

Directora: Tali Cartelle González

Xefa de Estudos: Manuela Fernández Feijóo

Secretario: Ángel Ramos Vivas

 

Apertura anticipada do colexio: As portas abriranse ás 09:05 horas, os nenos/as que non sexan usuarios de transporte escolar deberán permanecer baixo o coidado dos seus familiares ata ás 09:15h, momento de subir ás aulas.

Para as familias que o necesiten existe o Servizo de Madrugadores, xestionado pola ANPA, o que lles permitará deixar aos seus fillos a partir das 07:45 no centro escolar.

 

O horario das clases é obrigatorio para todos. Deben evitar retrasos pois as portas de entrada pecharanse pasados uns minutos despois das subidas das filas.

 

Os retrasos e as saídas en horario lectivo deben xustificarse por escrito ao profesorado, e sempre que sexa posible anuncialos con antelación. Ante faltas reiteradas e/ou inxustificadas por impuntualidade ou absentismo aplicarase o protocolo recollido no Plan de Convivencia do Centro.

 

Os nenos e nenas formarán filas nos lugares indicados para entrar co seu curso. Os familiares ou acompañantes non deben permanecer xunto as filas nin acompañar aos nenos/as ata as aulas.

Se algún pai/nai se ve na necesidade de acceder á aula do seu fillo/a, xa sexa para dar un recado ou levar ao neno/a médico, deberá pasar polo despacho de dirección. Non se pode acceder ás aulas unha vez iniciada a xornada lectiva.

 

SERVIZO DE COMEDOR 

Pagarase sempre nos primeiros días de cada mes asistindo persoalmente á entidade bancaria cos impresos entregados polo colexio ou telematicamente, seguindo as instrucións da web do centro. Lembren que calquera cambio na utilización deste servizo debe ser comunicado ao centro.

 

HORARIOS

Entrada:

9:15 h (apertura de portas ás 09:05)

Recreo:

11:45 a 12:15 h

Saída:

14:15 h

Comedor:

14:15  a 16:00h

Recollida do alumnado entre 15:15 e 16:00h

Saída autobuses: 15:30h

Actividades Extraescolares:

16 h

Titorías   (previa cita)

Martes de 18 a 19 h

Orientación (previa cita)

Xoves e Venres

Secretaría

Luns a Venres 09:15h a 10:00h

Venres 13:30h a 14:15h

Distribuir contido