Teatro: "O bosque doutro lado"

Os alumn@s da clase de quinto, representaron no patio cuberto do noso colexio unha adaptación teatral dun dos contos gañadores no concurso literario de inverno, titulado "O bosque do outro lado" escrito por Lara de 5º de primaria.

Foi todo un éxito!!!

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

A Consellería de Educación ven de convocar as AXUDAS para  libros de texto e material escolar para o curso 2019/2020.

 

Lexislación:Orde do 3 maio de 2019 (DOG 20 de maio de 2019)

 

Beneficiarios: Alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria

 

Tipo de axuda:

Alumnado de 1º e 2º de E. Primaria: 

  • Cheque de 50 euros para compra de material escolar (sempre e cando a renda per cápita familiar non supere os 5400 euros)
  • Cheque de 90 ou 170 euros para compra de libros de texto (sempre e cando a renda percápita familiar non supere os 9000 euros)

Alumnado de 3º a 6º de E. Primaria:

  • Cheque de 50 euros para material escolar (sempre e cando a renda per cápita familiar non supere os 5400 euros)
  • Participación no banco de libros do colexio. A aplicación da Consellería fará o reparto de exemplares por orden inversa á renda percápita da unidade familiar.

     

É imprescindible para acceder a esta axuda a devolución dos libros do curso anterior no prazo correspondente: 10-14 de xuño.

 

Como solicitar:

- Telematicamente, preferiblemente, usando a Chave 365: Entrando na aplicación e completando os diferentes apartados. ENLACE

- Excepcionalmente, en papel: Imprimindo e cubrindo o Anexo I e II e entregándoos xunto co resto da documentación no centro educativo, en horario de secretaría (de luns a venres de 09:15 a 10:00h) ENLACE

 O alumnado de 6º curso deberá entregar esta documentación no IES no que esté admitido para o próximo curso.

Documentación:

- Anexos I e II cubertos.

- Orixinal e Copia do libro de familia de todos os membros, ou documentación xustificativa de cambio de situación familiar.

- En caso de discapacidade ou minusvalía, certificación.

 

Prazo: Ata o día 21 de xuño.

 

.  INSTRUCIÓNS PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA

.  MAIS INFORMACIÓN

 

 

AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS

AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADAS

DE 3º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os vindeiros días 28 e 29 de maio (martes e mércores), terá lugar nos centros educativos de Galicia a PROBA DE AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA dirixida ao alumnado de 3º curso de primaria e a PROBA DE AVALIACIÓN FINAL DE EDUCACIÓN PRIMARIA dirixida ao alumnado de 6º curso de primaria.

En 3º de Primaria avaliaranse as competencias en comunicación lingüística (castelán e galego) e en competencia matemática.

 

En 6º de Primaria avaliaranse as competencias en comunicación lingüística (galego, castelán e inglés), en competencia matemática e as competencias básicas en ciencias e tecnoloxía.

 

      Poden consultar máis información no DOG do 3 de maio, onde mediante resolución dítanse instrucións para o desenvolvemento destas avaliacións nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2018/19. 

 

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2019 (3º Primaria)

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2019 (6º Primaria)

 

 

CONCURSO PASAPALABRA

Os nen@s de educación infantil e primaria participaron no concurso PASAPALABRA durante a semana das letras galegas.

As preguntas foron sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas.

 

Aquí tendes aos gañador@s co seu premio, un pin-pandereita.

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS 2019

Hoxe celebramos o día das Letras Galegas no colexio, e comezamos coa visualización na biblioteca do sorprendente vídeo que realizaron un grupo de nen@s e profes do colexio, un traballo que nos deixou a tod@s abraiados.

No seguinte vídeo os momentos desta celebración, que inclúe a exposición da biografía do autor Antonio Fraguas por parte do alumnado de sexto, recitado de poemas dos nenos e nenas de educación infantil, a entrega de premios do concurso literario, o himno galego cantado por todo o colexio e este mesmo himno acompañado á frauta polos nenos e nenas de sexto.

 

 

Un día das Letras Galegas para lembrar!

Parabéns para tod@s!

 

ANTONIO FRAGUAS LETRAS GALEGAS 2019

Co gallo do día das Letras Galegas presentamos este vídeo como a nosa particular homenaxe á figura de Antonio Fraguas, á súa vida e obra, e ao importante papel que desempeñou como divulgador da nosa cultura.

 

LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN ALUMNADO 2019/2020

Xa poden consultar a lista definitiva dos alumnos e alumnas admitidos para o curso 2019/ 2020

     LISTAS DE ADMITIDOS

Lembren que no mes de xuño deberán formalizar a matrícula dos seus fillos/as entregando a documentación requerida na secretaría do noso centro.

Mantéñanse informados na nosa web.

 

CONCURSO LITERARIO DE INVERNO

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNOS ADMITIDOS

Publicación das listas provisionais de alumnos e alumnas admitidos para o vindeiro curso 2019/2020.

ADMITIDOS 4º CURSO Educación Infantil

ADMITIDOS 6º CURSO Educación Infantil

ADMITIDOS 1º CURSO Educación Primaria

ADMITIDOS 3º CURSO Educación Primaria

 

Próximos prazos a ter en conta:

- Publicación listas definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO

- Formalización da matrícula: DO 20-29 DE XUÑO

 

PLANTACIÓN NO MONTE DE CORUXO

Xusto antes de coller as vacacións de Semana Santa todos os alumn@s, mestres e algunhas nais e pais da ANPA do colexio BOTÁMONOS literalmente ao MONTE!

Nesta ocasión ao monte de Coruxo. Alí participamos nunha xornada matinal de reforestación co obxectivo de reforestar con árbores autóctonas toda a zona queimada polos graves incendios que afectaron a toda a nosa contorna, e desta maneira recuperar o noso monte.

Acompañados por algúns integrantes da Comunidade de Montes de Coruxo plantamos carballos e castiñeiros,  e colaboramos a eliminar os exemplares de eucaliptos que estaban a medrar na zona. Os máis pequenos recibiron ademais unha charla sobre os coidados e a protección do monte.

Xa tendes dispoñible o enlace as fotos deste día! 

FACEDE CLIC AQUÍ

 

Distribuir contido