Audio by title pista_5

Eu Teño Alguén


4:03 minutes (5.56 MB)

Eu teño alguén no meu corazón...

Un can, un peixe, un zapato,

un pin, un chifre, un calendario,

un punto e coma, un silabario,

un oito, un nove, un dez.

Unha bolsiña de canicas, 

unha pistola de martinicas,

unha buxaina bailadora,

un acorde e un violín.

Eu teño alguén no meu corazón...

Un con, un barco, unha batea,

un link, un verso, unha serea, 

un conto, un grilo, un guiñol,

un dó re mi fa sol.

Un  bico, un sapo, un cabalo,

o cofre dun pirata malo,

as clases de anatomía

e unha volta en camión.

Eu teño alguén no meu corazón...

Un tapete con estrelas debuxadas,

un Pinocchio cunha perna escangallada,

unha locomotora disparatada

e unha viaxe en chimpín.

Bocas que inventan palabras,

ollos que contan historias,

ouvidos que saben escoitar

e mans que saben mirar.

Eu teño alguén no meu corazón...