Skip to Content

Distribución de máscaras exclusivamente para alumnado de Educ. Primaria.

 

A Consellería acaba de publicar no DOG a Orde que regula a distribución de máscaras exclusivamente para alumnado de Educ. Primaria. O alumnado de Educ. Infantil non é destinatario desta axuda.

 

Poden ler a convocatoria no seguinte enlace: orde do 6 de novembro de 2020.

 

Serán destinatarios desta axuda as familias con renda per cápita inferior a 6.000 euros e referida á situación familiar e renda no ano 2018.

 

TRÁMITE:

 

1. As familias que recibiron no seu momento o vale de axuda de material escolar deste curso 20-21, NON DEBEN FACER NINGÚN TRÁMITE. XA TEÑEN AS MÁSCARAS CONCEDIDAS.

Repartiranse as máscaras no centro, no seu momento, seguindo instrucións que dará a Consellería. Avisarase máis adiante.

 

2. As familias con renda per cápita inferior a 6.000 euros e que non solicitasen a axuda de material no seu momento, deben presentar o anexo I, II e a documentación pertinente, segundo os criterios alegados. Prazo 10 días hábiles, desde o luns 16 de novembro ata o 27 de novembro de 2020.

Repartiranse as máscaras no centro, no seu momento, seguindo instrucións que dará a Consellería, a aquelas familias que cumpran os requisitos. 

 

Anexo I e II. (Poden descargalo desde este enlace ou solicitar copia en papel en conserxería)

 

No taboleiro de novas, no interior do centro, están publicadas as listaxes provisionais e definitivas de admitidos. 

 

A distribución de máscaras farase na Conserxería do seguinte xeito para evitar aglomeracións na entrada:

 

- 1º E.P. (grupos A e B): venres 11 de decembro de 9:10 a 13:00h.

- 2º E.P.: luns 14 de decembro de 9:10 a 13:00h.

- 3º E.P. (grupo A): martes 15 de decembro de 9:10 a 13:00h.

- 3º E.P. (grupo B): mércores 16 de decembro de 9:10 a 13:00h.

- 4º E.P. : xoves 17 de decembro de 9:10 a 13:00h.

- 5º E.P. (grupos A e B): venres 18 de decembro de 9:10 a 13:00h.

- 6º E.P. (grupos A e B): luns 21 de decembro de 9:10 a 13:00h.

 

Entregaranse exclusivamente ao pai/nai do alumno/a ou persoa debidamente autorizada. Deben asinar un recibín polo que é recomendable vir provisto de bolígrafo.

As familias que non podan vir recollelas na data establecida poderán facelo en horario de Secretaría calquera día ao longo do mes de xaneiro.



page | by Dr. Radut