Skip to Content

Publicación da listaxe provisional/definitiva de admitidos dos libros do Fondo Solidario curso 20-21. Reparto de vales.

LISTAXE PROVISIONAL E DEFINITIVA PARA ALUMNADO DE 3º A 6º DE EDUC. PRIMARIA

A partir do luns 6 de xullo, poden consultar a listaxe provisional de alumnado admitido nas axudas de libros do Fondo Solidario para o curso 2020-2021 no interior do Centro ou na aplicación Fondolibros coa chave 365 ou certificado dixital. Por Lei de Protección de Datos estas listaxes non poden publicarse no exterior do Centro nin na páxina web. Tampouco podemos dar información telefónica.

Contra esta listaxe poden presentar reclamación nos dous días seguintes á súa publicación.

A listaxe definitiva publicarase no interior do Centro o xoves 9 de xullo. Igualmente, terán a información dispoñible na aplicación Fondolibros coa chave 365 ou certificado dixital.

Os libros adxudicados a cada alumno/a repartiranse os primeiros días de clase no mes de setembro.

 

VALES PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

O reparto de vales de axudas para libros de 1º e 2º de E.P., así como de material escolar para o alumnado de 1º a 6º terá lugar na Secretaría do Centro en horario de 9:30 a 11:00h o luns 6, martes 7 e mércores 8 de xullo de 2020.

De non recollelos nestas datas poderán facelo a partir do 1 de setembro no horario habitual de Secretaría de 9:00 a 9:50h.



page | by Dr. Radut