Skip to Content

Devolución dos libros de texto do Fondo Solidario do curso 2019-2020. Alumnado de 3º a 6º.

As familias do alumnado beneficiario dos libros de texto do Fondo Solidario 2019-20 deberán devolvelos no colexio en horario de 11:00 a 13:00h, nas seguintes quendas:

- 3º E.P.: luns, 15 de xuño.

- 4º E.P.: martes, 16 de xuño.

- 5º E.P. (grupos A e B): mércores, 17 de xuño.

- 6º E.P.: xoves, 18 de xuño.

As normas de acceso ao centro son básicas:

- Unha única persoa por familia para devolver os libros. Prohibido o acceso ao Centro con menores.

- Na entrada botar xel hidroalcohólico nas mans. Obrigatorio o uso de mascarilla dentro do Centro.

- Permanecer no interior o menor tempo posible.

- Horario de entrega dos libros de 11:00 a 13:00h, para non interferir con outras tarefas administrativas do Centro.

Por normativa legal da Consellería, é obriga de todas as familias devolver todos os libros prestados en bo estado, para poder recibir as axudas de libros de texto e material escolar para o curso 20-21.



page | by Dr. Radut