Skip to Content

Recollida de material e obxectos persoais do alumnado.

O Ministro de Sanidade confirmou que a Comunidade Autónoma de Galicia entra na Fase 2 da desescalada o luns 25 de maio, polo tanto o profesorado xa pode incorporarse aos centros educativos.

Sabemos que as familias estades desexando acudir ao Centro para recoller o material e os obxectos persoais dos alumnos/as que quedaron nel no inicio do Estado de Alarma. Para isto temos establecido unhas datas e unhas quendas para poder cumprir o protocolo de seguridade sanitaria, evitando aglomeracións.

As normas de acceso ao centro son básicas:

- Unha única persoa por familia para recoller as pertenzas do alumnado. Prohibido o acceso ao Centro con menores.

- Na entrada botar xel hidroalcohólico nas mans. Obrigatorio o uso de mascarilla dentro do Centro.

- Permanecer no interior o menor tempo posible.

- Horario de recollida de material de 11:00 a 13:00h, para non interferir con outras tarefas administrativas do Centro.

Quedan establecidas as seguintes quendas:

  • Martes 26 de maio de 11 a 13h: familias de 2ºA e 2ºB de Educación Primaria.

  • Mércores 27 de maio de 11 a 13h: familias de de Educación Primaria.

  • Xoves 28 de maio de 11 a 13h: familias de Educación Infantil (4º, 5º e 6º). Neste caso entregaranse os traballos realizados polo alumnado ao longo do curso.

  • Venres 29 de maio de 11 a 13h: recollida de material das actividades extraescolares (patíns) e familias das outras quendas que non poideran vir na quenda establecida para elas.

  • Luns 1 de xuño de 11 a 13h: familias de 3º e 4º de Educación Primaria.

  • Martes 2 de xuño de 11 a 13h: familias de 5ºA, 5ºB e 6º de Educación Primaria.

 

No momento de vir ao centro lembren facer a entrega dos libros de préstamo da Biblioteca do Centro e das Mochilas Viaxeiras que podan estar nos domicilios dos alumnos/as.

Proximamente comunicaremos as datas de entrega por parte das familias dos libros de texto do Fondo Solidario deste curso 19-20 (esta devolución é obrigatoria para percibir a axuda do vindeiro curso) e a entrega dos cheques e a publicación de listaxes do Fondo Solidario do curso 20-21.

Agradecemos de antemán a súa colaboración.



page | by Dr. Radut