Skip to Content

Suxestións para estes días

Estimadas familias:

Levamos xa uns días desenvolvendo unha forma de traballo nova tanto para vós e os vosos fillos/as, coma para nós, o profesorado.

Ante a necesidade de permanencia na casa, dadas as actuais circunstancias coñecidas xa por todos, pasamos a comentarvos unha serie de recomendacións, suxeridas pola Orientadora, que pensamos poden axudarvos a manter as rutinas concernientes á vida diaria escolar:

- Procurade, na medida do posible, manter os horarios (hora de levantarse, deitarse, hora de xantar...)

- Do mesmo xeito, procurade que as actividades escolares que os mestres/as están enviando, se fagan no horario de mañá e mesmo se fose posible, tendo diante o horario lectivo que correspondería a ese día. Acompañade aos alumnos ao inicio delas e facédelles ver que as tarefas son a súa responsabilidade e deben cumprir con ela (en alumnos de Primaria).

- A metade da mañá, por suposto, deben facer un pequeno descanso.

- A partir do xantar, o tempo de lecer xa é para disfrute persoal.

Respectade as súas afeccións, pero, tendo en conta que precisan do ordenador para as tarefas escolares, procurade que nas tardes non haxa excesiva dependencia del nin doutras pantallas (tabletas, tv...) e, en todo caso, facendo os descansos suficientes que permitan alixeirar a carga de exposición a elas.  Debuxos, confección de pequenos murais, contos orais  por parte dos pais para os máis pequenos, puzzles, xogos de adiviñas,  xogos do "vexo vexo", actividades físicas aínda coa limitación de espazo...poden ser exemplos válidos.

Por suposto as fins de semana e os periodos nos que non habería clase serán de "libre disposición".

Esta é unha situación nova para todos. Procuremos poñer o mellor de nós mesmos para poder sobrelevala da mellor maneira posible.

Recibide un cordial saúdo.

A Directora.



page | by Dr. Radut