Secretaría

Convocatoria de reunión para as nais e pais do alumnado do colexio

Estimadas familias,

convocámosvos a unha reunión informativa (reunión inicio do curso ) que terá lugar o vindeiro martes, día 24 de setembro, ás 17:00 horas no salón de actos do centro; desplazándose posteriormente ás distintas titorías.

Nela trataranse aspectos relativos ao inicio do curso e ao funcionamento xeral do centro e das respectivas aulas do mesmo. No caso de ter irmáns recomendamos a asistencia de varios representantes para asistir ás distintas titorías; en caso de imposibilidade, pregamos acudan ás titorías correspondentes na maior brevidade posible para estar correctamente informados (os martes, a partir do día 1 de outubro, de 16:00-17:00)

 

RECOLLIDA DO FONDO LIBROS

O vindeiro venres, 6 de setembro, en horario de 9:30 a 13:30 horas, procederase á entrega do FONDO LIBROS, tanto do colexio coma da ANPA.

En caso de non poder acudir poderán autorizar a outra.

 

Poderán descargar o documento de autorización neste enclace

Axudas para Material Escolar e Libros de 1º e 2º curso

O venres, 5 de xullo, en horario de 10:00 a 13:30 horas, pódese pasar a recoller os cheques para MATERIAL ESCOLAR  e para LIBROS DE 1º E 2º CURSO.

Para consultar si lles foi outorgado ou non poden mirar a listaxe que hai no taboleiro do colexio.

Asemade tamén está o listaxe definitiva do Fondo Libros (3º, 4º, 5º e 6º curso) que serán entregados o venres, 6 de setembro, en horario de 10:00 a 13:30 horas.

 

REUNIÓN COAS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE INCORPORA A 4º DE INFANTIL

O martes, 3 de setembro, ás 11:00 horas, terá lugar a reunión informativa do profesorado coas familias do alumnado de comeza en 4º de Infantil.

Dada a importancia dos asuntos a tratar é convinte a asistencia á mesma. En caso de non poder asistir é necesario que se poñan en contacto co centro.

 

 

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN curso 2019-2020

INFORMACIÓN NA PÁXINA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

O vindeiro xoves, 20 de xuño, dará comezo o proceso de matriculación de novo alumnado nos centros educativos de Infantil e Primaria.

CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:

  • Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.
  • Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ao 10 de setembro.

 

Os interesados deberán acudir ao centro para solicitar a documentación necesaria.

 

Documento de Formalización de Matrícula Educación Infantil e Primaria

Axudas para libros e material escolar

 Recórdase aos beneficiarios desta axuda,no presente curso 2018-2019, que deberán devolver os lotes completos de libros de texto en préstamo (en bo estado, sen nome e libres de escritura) para poder beneficiarse das diferentes axudas na presente convocatoria.

Para favorecer a boa organización do Centro e ANPA na recollida do material e na incorporación da información no sistema operativo da xunta, e deste xeito non interromper o normal funcionamento do centro, rogámoslles fagan uso do seguinte horario:

DEVOLUCIÓN LIBROS

Luns, 24 de xuño (3º, 4º, 5º e 6º Primaria)

De 9:30 a 13:30

Aberto o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta

  • O prazo para presentar as solicitudes, -por vía telemática, nos propios centros docentes ou nos rexistros oficiais-, rematará o 21 de xuño.
  • O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 90 e os 170 euros en función da renda.
  • No caso do alumnado matriculado en educación especial, mantense unha axuda de 250 euros independentemente da renda.
  • O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO poderá acollerse ao Fondo Solidario de Libros, cuxos manuais se asignan por orde inversa á renda per cápita da unidade familia.r
  • Ademais, no caso de rendas inferiores aos 5.400 euros per cápita, o alumnado poderá recibir vales de 50 euros para adquisición de material escolar.

 

Documentación para a presentación

 

  • Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1 desta orde. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.
  • A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2019/20, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2019/20. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2019/20, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2018/19. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a entrada desta en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando cal desexa que se tramite.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:

a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal

b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

c) Na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Así mesmo, a aplicación informática permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

  • A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento .

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

2º. Certificado ou volante de convivencia.

3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.

  • A documentación complementaria (que acompañe á solicitude) presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2017, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
  • De acordo co previsto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dada a relevancia da documentación requirida no procedemento, as persoas interesadas deberán achegar os documentos orixinais ou copias cotexadas. Cando a documentación se presente no centro docente, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade.

 

Imos participar no Día da Educación Física na Rúa 2019

https://www.consejo-colef.es/defc-home

CAMBIAMOS A DATA PARA O LUNS, 6 DE MAIO


DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

e o noso colexio vai participar realizando unha actividade moi especial:
  • Ese día iremos ata a Praza do Náufrago a partir das 12:20 horas e alí faremos unhas "danzas populares do mundo".
  • Invitamos todas as familias e veciños que desexen participar con nós nesta actividade. 
  • Para aprender a seguir as danzas pódese ver o vídeo onde o alumnado de 6º curso está ensaiando as mesmas.
  •  Animámosvos a participar. Seguro que o pasaremos estupendamente!!!
 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Para as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as o próximo curso no noso Centro, faremos unhas xornadas de portas abertas o vindeiro mércores 13 e xoves 14 de marzo en horario de 17:00 a 18:00 horas  para amosarlles o Colexio e as súas instalacións, así como os servizos que prestan o Centro e a ANPA.

 

Proceso de admisión do alumnado para o curso 2019-2020

 

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado

PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO 

 

  • Do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive)

 

  • Presentar o Anexo II na Secretaría do centro que soliciten en primeiro lugar.

 

  • Horario de Secretaría do noso centro: 9:00 a 10:00 horas

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SE É O CASO

  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a:

Fotocopia do Libro de  Familia ou DNI do alumno/a

  • Certificado oficial do expediente académico.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.

En aplicación da nova normativa de protección de datos, lémbrase que este ano, respecto da consulta automática de datos, o que manifesta de forma expresa o administrado é a súa a que se realice.

A este respecto, en caso de alegar algún criterio que precise de consulta de datos, e se manifeste oposición , o administrado ou administrada deberá achegar a documentación pertinente, para que de forma manual se lle teña en conta no centro, en caso de ter que calcular o baremo.

 

 

Anexo II: SOLICITUDE DE ADMISIÓN

 

 

 

Información sobre dúas celebracións moi importantes no noso colexio

Estamos a preparar as dúas celebracións inmediatas: 
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO e o ENTROIDO
 
https://sites.google.com/site/bibliosonosrosaliadecastro/rosalia-de-castro-curso-18-19
O venres, 22 de febreiro, como en anos anteriores, a partir das 12:00 horas, sairemos á Praza do Chao a celebrar o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro), faremos:
  • Desfile con pancartas, seguindo a proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega)   
MANI-FESTA-ACCIÓN
  • Recitado de versos de Rosalía 
  • Cantaremos dúas cancións dos poemas:
PASA RÍO  do libro Cantares Gallegos
VIUDA DOS VIVOS VIUDA DOS MORTOS do libro Follas Novas
 
Na páxina especial de ROSALÍA DE CASTRO atoparemos moita máis información.
 
http://entroido2010.blogspot.com/2019/
O venres, 1 de marzo, celebraremos a nosa tradicional festa de Entroido.
  • Desfile polas rúas do Chao (ás 11:30 horas) con disfraces relacionados co mundo dos bosques e montes: flora e fauna galega ou personaxes fantásticos (fadas, tranos, santa compaña, ananos, bruxas...)
  • A continuación chocolatada con larpeiradas antroideiras 
  • Bailes e cancións.

Durante a semana do luns 25 ata o xoves 28  seguiremos os mandatos do MECO.

No blog do ENTROIDO podemos ver moita máis información.

 

Distribuir contido