Skip to Content

Ano académico 2011-2012

Graduación dos nenos de 5 anos

 

Os nenos e nenas de 5 anos graduáronse nunha festa que se celebrou o día 19 martes, en compañía dos seus pais, mestres  e compañeiros.

 

Festival de fin de curso 2012

Este ano fixemos unha pequena variación e cambiamos o tradicional festival das letras galegas polo festival de fin de curso que se celebrou o pasado martes 19 de xuño. Ao seu remate, tanto pais coma alumnos e mestres disfrutaron dunha merenda no patio do colexio. Aquí tedes unha mostra das diferentes actuacións!


Visita a Minergal

Hoxe, no colexio, fun a unha excursión cos meus compañeiros. Primeiro, visitamos o museo, "Minergal". Vimos moitos minerais como o cobre, o ferro, o mercurio, o Wolframio, o cemnto, etc... Alí, contáronnos o que era o uranio, como se formaba o carbón, que eran as rochas ornamentais, etc... Tamén nos falaron das pedras do asfalto chamadas árido, o que era o polimorfismo... Alí aprendín cales son as propiedades físicas dos minerais: o brillo, a cor, a raia e a luminiscencia. Creo que había máis pero xa non me acordo. Vaia, que vergoña!

Os que máis me gustaron foron o cuarzo,a goethita e os carbonatos, formados por carbono e osíxeno. Tamén me sorprendeu o grafito, pero o que máis foi a estibina: tiña moitos picos e, segundo o guía, era moi tóxico. Uuuuui, que medo!

Sabedes que a sal que comemos todos os días é un mineral? Ese mineral chámase halita e hai un moito máis salgado, sabedes cal é? É a carnalista!

O bario era moi pesado, que pena non tiven a oportunidade de tocalo, pero o guía estívonos explicando como era. Por certo, vin a esmeralda e non me sorprendeu moito, pero aínda así, encantoume!

Nunha vitrina había un mineral que parecía un prato en distorsión, que mareo sentín! Ese mineral chámase ágata. Tamén había un deses minerais nun recipiente distinto, chamábase ámbar e formárase entre os 300 e 400 anos, era moi pegaxoso e ahí era onde se pegaban os bichos máis pequenos.

Máis tarde vimos un video de rochas volcánicas como: a fonolita, o basalto, a obsidiana, a andesta, etc... Tamén aprendín o que era unha rocha, un feldespato potásico e o schlierens, unha palabra estranxeira. Logo o bus recolleunos a todos cerca do “Minergal” para levarnos as canteiras do Porriño. Vin como un home bastante vello, pero sabio que se chamaba Nemesio, explicábanos xunto a Jorge (o guía) como funcionaba todo. Tamén vin como un camión poñía as súas rodas traseiras no aire debido ao peso das rochas.

De recodo como non tiña cámara, e estaba moi triste, decidín coller unha pequena rocha. Dende logo foi unha das mellores excursións que fixén, gustoume moitííííísimo.

FIN

Lara Fernández Figueroa. 5º A

 

 

Visita do Vigo Rugby Club

Algúns xogadores do equipo de división de honra "Vigo Rugby Club", xunto co seu adestrador Norm Maxwell (ex-xogador profesional e internacional coa selección de Nova Zelanda), visitaron o noso colexio para charlar cos alumnos de 5º e 6º. Este é o primerio ano que o equipo da cidade viguesa compite na máxima categoría do Rugby nacional, así faláronnos sobre a traxectoria do clube, os valores e o esforzo requerido para acadar o éxito, e achegáronnos unhas nocións básicas do funcionamento deste deporte. Pola súa parte, Norm relatou a grandes rasgos o que significa chegar a élite do ruby mundial coa selección de Nova Zelanda e como foi a parar no equipo de Vigo xa como adestrador.

Entroido 2012

Este ano viaxamos ao pasado para rememorar A Idade Media. Nobres, Damas, Cabaleiros, Xograres...todos sacaron as súas mellores galas para celebrar un entroido medieval.


Tartaletas de Cores

Os alumnos e alumnas de Primeiro elaboraron na cociña do centro unha TARTALETA de CORES. O cociñeiro Diego preparou a masa e os nenos e nenas colocaron as froitas enriba... uns minutos no forno... e LISTO!!!!!!

Excursión: A Coruña

 

Os alumnos do 3º ciclo visitaron o pasado día 31 de xaneiro a cidade de A Coruña para ver o Acuario, a Domus e a Casa das Ciencias.

Na primeira parada, o Acuario, asistimos a un taller sobre os océanos onde nos explicaron a importancia da auga no noso planeta, de ahí corrimos a ver o Nautillus onde puidemos experimentar o que se sente cando estás baixo a auga e convives de preto cunha quenlla.

Saímos e fomos ao Domus, alí asistimos a unha proxección dun documental en 3D, sobre os 5 grandes animais de África: o rinoceronte, o búfalo, o leopardo, o elefante e máis o león.

Logo experimentamos coas diferentes actividades que propón a Domus. Gustounos especialmente a que mide a velocidade de golpeo do balón. Comimos alí e de seguido fomos á Casa das Ciencias onde gozamos da visión do cosmos que nos ofreceu o Planetario.

Xa de camiño a casa falabamos de cando sería a próxima saída.

DÍA DA PAZ

APRENDER EN PAZ - LEARNING IN PEACE

Esta é a mensaxe que os nenos e nenas de Educación Primaria pintaron na entrada do colexio, acompañada por tres pombas brancas pintadas polos nenos e nenas de Educación Infantil.

Festival de Nadal 2011

Por fin chegaron os reis ao noso colexio e con eles o noso magnífico festival! Deixámosvos unha mostra dun día especial para os nenos e, porque non, tamén para os adultos. 



Concurso de cabazas para celebrar o Samaín

Un ano máis celebramos o Samaín, cada ano medra o número de participantes e mellora notablemente o nivel artístico dos nosos alumnos, deixámosvos unha pequena mostra para que o comprobedes.



Distribuir contido


by Dr. Radut