Skip to Content

Ano académico 2010-2011

Entroido 2011...Un entroido de película!

Este ano o colexio enteiro quixo facer unha homenaxe aos personaxes das películas de onte e de hoxe.

 

 

 

 

 

Entrega de orlas e Cea de Cofraternización

O 21 de maio celebramos a entrega das orlas aos alumnos de 6º, como recordo de todos os que pasamos xuntos estes anos polo cole.

Tamén celebramos a Cea de cofraternización, na que alumnos, pais e profesores tivemos unha amigable cea e un baile con música en directo.

 

O FOGUETE Nº23 ANO 2010

Letras Galegas 2010

O 17 de maio celébrase o día das letras galegas, para render homenaxe a tódolos artistas e escritores que fixeron uso e defensa da nosa lingua. Neste ano 2010, foi  foi adicado ao "poeta do Courel" Uxío Novoneyra.

Ademáis de realizar un traballo de "investigación" sobre a vida e a obra deste insigne escritor, celebramos o tradicional festival das Letras Galegas, no que as distintas clases fixemos unha pequena representación, ou número artístico.

Este ano, como novidade decidimos celebrar non só un día, senón unha Semana das Letras Galegas, na que desde o mércores 19 ao venres 21 fixemos distintas actividades e actos, co proposito de darlle un pulo forte á nosa lingua galega,e valorala como merece.

 

 

Aquel vello cole de Torneiros...

Agora que as obras do novo cole están xa tan avanzadas, cómpre recoller para a nosa lembranza as imaxes do que durante corenta anos foron as instalacións do CEIP Antonio Palacios. O noso alumno de 4º de Primaria, Pablo Otero Sales, quixo inmortalizar a súa visión da nosa vella escola, neste magnífico debuxo. Apesares de agardar con degoiro o novo colexio, non podemos evitar que agrome en nós un pequeno sentimento de tristura ao saber que o vello cole pasará á historia, cando sexa derrubado para dar cabida aos novos patios.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut