Plurilingüismo

Plurilingüismo curso 2014-15

Durante este curso 2014-15 contamos, coma anos anteriores, coa presenza dunha auxiliar de conversa para as clases de Plástica e de Inglés. Trátase neste caso de Clara, que vén dos Estados Unidos e que esperamos sexa unha grande axuda para que os nosos alumnos melloren a súa comprensión e expresión en inglés así como para que coñezan a cultura do seu país.

Departamento de Plurilingüismo

Estimadas familias, somentes recordádevos que si queredes refrescar a memoria dos vosos fillos podedes visitar algunhas páxinas interesantes na web con cancións, xogos,contos, actividades on-line.... e por suposto, dende aquí desexamos para todos vós “Merry Christmas and a Happy New Year”.

www.speakaboos.com

www.mothergooseclub.com

www.teachkidsenglish.com

www.esltower.com

Asemade se ides a páxina da Consellería de Educación da Xunta de Galicia www.edu.xunta.es , teredes tambén aceso aos libros LIM tedes que buscar aqueles axeitados á idades dos nenos no repositorio do Espazo Abalar segue ampliando a súa oferta cunha primeira selección de 34 contidos educativos en formato dixital.Trátase de aplicacións en inglés, francés ou portugués para os diferentes niveis educativos e para as materias que imparten os docentes participantes. Os Obxectos Dixitais Educativos (ODE) foron realizados de xeito individual ou como parte dun proxecto grupal. Aquí tedes o enlace http://www.edu.xunta.es/web/node/4273 

Tamén  podedes aceder  buscando na páxina principal da Consellería os Contidos educativos en formato dixital (Edilim) realizados para o Programa PALE 2011 

_______________________________________________________________

 

Nota:

Estimadas familias:

Como sabedes, neste curso 2012-2013 decidiuse ter como centro de interés para todo o colexio o tema da “AUGA” e como centro plurilingüe que somos queremos compartir con vós varias cancións relativas á temática. Se queredes podedes ir aos seguintes enlaces cos vosos fillos e fillas, animádevos!!

http://www.youtube.com/watch?v=KDU3OOAt6dg

http://www.youtube.com/watch?v=u3QwLYfgwP0&feature=related

 

Asemade enviamos unha canción de Halloween/Samaín coa que os vosos rapaces e rapazas aprenden nas clases de inglés a “movelo esquelete” en sentido literal!!!

“The skeleton dance” e de paso......aprenden algúns ósos en inglés... é moi divertido. A meirande parte dos nenos e nenas xa saben o baile e parte do vocabulario traballado na canción.

Saúdos “and see you soon!!!”

http://www.youtube.com/watch?v=e54m6XOpRgU&feature=player_detailpage

O inglés no cole

Ao longo deste curso 2013-2014, contaremos por cuarto ano coa presenza dunha auxiliar de conversa dos Estados Unidos. É importante ter en conta que somos un colexio plurilingüe, e que esta ensinanza bilingüe non só consiste en dar máis sesións de inglés nas aulas. Este curso os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria darán a Educación Plástica en inglés coa colaboración de 4 mestres, que contarán coa axuda da auxiliar de conversa. O resto do alumnado do centro contará coa presenza desta auxiliar nunha das sesión de Inglés semanal na aula. Ademais, estamos na procura de crear o mellor “ambiente plurilingüe” posible, decorando os corredoiros e as aulas e utilizando o inglés oral para dirixirnos aos alumnos e alumnas. Deste xeito, os nenos e nenas verán que o inglés é unha necesidade no noso colexio e se verán máis motivados á hora de empregalo.

Distribuir contido